Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 11 de maio de 2022 Páx. 28120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamarín

ANUNCIO polo que se aproba a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste Concello do 20 de abril de 2022 aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal coas seguintes prazas:

Persoal laboral:

Grupo

Denominación

Nº vacantes

Xornada

Sistema

10

Auxiliar de servizo de axuda no fogar

6

Completa

Concurso

10

Auxiliar de servizo de axuda no fogar

1

Completa

Concurso-oposición

7

Encargado tanatorio municipal e servizos varios

1

½ xornada

Concurso

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Vilamarin

Contra a presente resolución pódese interpoñer alternativamente recurso de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do contencioso-administrativo competente ou, a elección do/da interesado/a, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que se resolva aquel.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

Vilamarín, 20 de abril de 2022

Amador Vázquez Vázquez
Alcalde presidente