Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2022 Páx. 28145

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22, e se ditan instrucións para a realización da proba correspondente.

A Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 31 de marzo de 2022, pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22 (Diario Oficial de Galicia núm. 78, do 25 de abril), establece no seu artigo 13 que para elaborar, supervisar e avaliar a proba, a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 13 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 31 de marzo de 2022, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro. Designar os membros do tribunal que deberán elaborar, supervisar e avaliar a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Fixar a data, o horario, os lugares de realización da proba e condicións de presentación das persoas candidatas.

1. A proba realizarase o día 23 de xuño de 2022 de acordo co seguinte horario:

– 9.30 horas, presentación das persoas candidatas.

– 10.15 a 12.15 horas, primeira parte da proba.

– 12.45 a 13.45 horas, segunda parte da proba.

2. Lugares en que se realizará a proba.

Os lugares en que se realizará a proba publicaranse no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e na páxina de inicio da aplicación informática PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu), unha vez publicada a relación provisional de alumnado admitido e excluído.

Terceiro. Presentación das persoas candidatas

Para a realización da proba as persoas candidatas deberán presentarse no lugar asignado ás 9.30 horas e acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Cuarto. Medidas de prevención

Durante a realización da proba respectaranse as medidas de prevención e hixiene que as autoridades sanitarias teñan establecido no momento de realización desta.

Quinto. Desenvolvemento da proba

A realización da proba, conforme o previsto nesta resolución, poderá ser modificada en función da evolución da COVID-19 naqueles aspectos que sexa preciso para un adecuado desenvolvemento do proceso.

As persoas candidatas deberán consultar a información contida no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e na páxina de inicio da aplicación informática PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu), en referencia a posibles cambios no desenvolvemento do proceso.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2022

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional

ANEXO

Tribunal

Titulares:

Presidente: Iván Mira Fernández, subdirector xeral de Ordenación, Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.

Vogais:

María Concepción Aramburu Sánchez, inspectora de Educación.

Juan Antonio Granados Loureda, inspector de Educación.

Faustino Martín González, inspector de Educación.

María del Pilar Barandela Sandianes, inspectora de Educación.

Pedro Alberto Areal Alonso, inspector de Educación.

María Ángeles Aramburu Núñez, inspectora de Educación.

Suplentes:

Presidente: Carlos Vázquez Mariño, subdirector xeral de Formación Profesional.

Vogais:

Juan Carlos Varela Vázquez, inspector de Educación.

Marina Armada Vigo, inspectora de Educación.

Íñigo Barreiro García, inspector de Educación.

María Teresa Vázquez Montes, inspectora de Educación.

José Carlos Barros Pardo, inspector de Educación.

Román Latas Calvo, inspector de Educación.