Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2022 Páx. 28148

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se publica o anuncio da resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües para o curso 2022/23, no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia.

Co obxecto de ampliar a oferta de ciclos plurilingües de formación profesional para o curso 2022/23, na Comunidade Autónoma de Galicia, esta Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional resolve anunciar:

Primeiro. Que nas páxinas web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade www.edu.xunta.gal e www.edu.xunta.es/fp estarán dispoñibles a regulación e a convocatoria dirixida aos centros para participar nos ciclos formativos plurilingües para o curso 2022/23.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 21 de xuño de 2022.

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2022

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional