Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2022 Páx. 28484

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade da addenda ao acordo de colaboración coa entidade pública instrumental Axencia Galega de Infraestruturas para a realización das actuacións precisas para a ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

De conformidade co previsto no artigo 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á addenda do 24 de marzo de 2022 ao acordo de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade pública instrumental Axencia Galega de Infraestruturas para a realización das actuacións precisas para a ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

Actividade: a execución do proxecto de ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

Natureza e alcance da addenda ao acordo de colaboración: a encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: a eficacia da addenda ao acordo de colaboración para a xestión das actuacións precisas para realizar a ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) estenderase ata o 30 de xuño de 2022.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2022

Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo