Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2022 Páx. 28485

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón ás consellerías e demais entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Igualdade nos meses de xaneiro a abril do ano 2022 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2022

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) nos meses de xaneiro,
febreiro, marzo e abril do ano 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a entidade Cruz Vermella para o desenvolvemento e a execución dun programa de formación e inserción para mulleres vítimas de violencia de xénero ou de trata e explotación sexual con compromiso de contratación. Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

29.3.2022

560.000