Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2022 Páx. 28486

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2022, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2022

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de xaneiro,
febreiro, marzo e abril do ano 2022

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca) para a promoción e a mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros no ano 2022.

149.000,00 €

3.1.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador da D.O.P. Mexillón de Galicia para a promoción e a mellora da comercialización do mexillón certificado D.O.P. no ano 2022.

149.000,00 €

3.1.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. para a realización dunha serie de programas sobre o sector pesqueiro e igualmente a difusión de informacións diarias sobre a actualidade do sector no ano 2022.

100.000,00 €

12.1.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para a análise e control de infeccións por protozoos ciliados no Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, como parte da acción, seguimento e adaptación no submareal de navalla e ameixa babosa, desde o criadeiro ao medio natural.

39.944,00 €

3.2.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2022 como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do exercicio.

96.000,00 €

11.2.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2022 como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do exercicio.

44.500,00 €

11.2.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2022 como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do exercicio.

96.000,00 €

11.2.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2022 como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do exercicio.

96.000,00 €

11.2.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra para a cesión do uso do centro de formación «A Aixola».

Sen custo económico

15.2.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás «O Peirao» para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2022 como consecuencia das actividades que desenvolva a federación a longo do referido exercicio.

8.000,00 €

18.2.2022

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Consellería do Mar para reforzar o persoal de gardacostas na loita contra o furtivismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

60.000,00 €

22.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Cooperativa de Armadores del Puerto de Vigo, Sociedade Cooperativa Galega, para a organización da IX Conferencia internacional ARVI sobre o futuro da pesca e a IV edición do Festival ARVI do peixe-Vigoseafest 2022.

135.701,50 €

24.3.2022