Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2022 Páx. 28489

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2022 pola que se convocan catro edicións dun curso da titulación náutica para a licenza de navegación para persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece que o persoal do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional de servizos que realicen algunha actividade relacionada coa xestión de riscos e de emerxencias como por persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias. Segundo o artigo 44 da citada lei, este persoal organizarase en grupos operativos.

Pola Resolución do 2 de agosto de 2010 publicouse o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) onde se establecen a estrutura de dirección e coordinación e as unidades organizativas para facer fronte dun xeito coordinado ás emerxencias que poidan producirse en Galicia derivadas de riscos naturais, tecnolóxicos ou antrópicos.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2022 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor e conforme o establecido no artigo 46 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, anúnciase a convocatoria de catro edicións dun curso da titulación náutica Licenza de navegación para persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxas bases e características se especifican nos anexos desta resolución.

A Estrada, 3 de maio de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Bases

Primeira. Actividades formativas

Tipo

Curso

Denominación

Licenza de navegación

Modalidade

Presencial

Edicións

4

Horas lectivas

6

Prazas

20 por edición

Segunda. Obxectivos e contido

Obxectivos:

Adquirir coñecementos de navegación, así como a capacitación necesaria para poder pilotar unha embarcación ata 6 metros no desenvolvemento das funcións encomendadas.

Contido:

– Teoría (2 horas):

a) Introdución aos contidos prácticos.

b) Limitacións á navegación en praias non balizadas, balizadas e as súas canles de acceso.

c) Normativa respecto ao tráfico marítimo e navegación interior nos portos.

d) Marcas laterais da rexión A.

e) Forma de gobernar a embarcación para evitar abaneos e cabeceos e importancia de non atravesarse no mar.

f) Nocións básicas para o uso dunha estación de radio VHF portátil, limitándose ao coñecemento da canle 16, o seu uso en caso de emerxencia e as comunicacións básicas de rutina, así como a forma de contactar con Salvamento Marítimo (canle 16, teléfonos 112 e 900 20 22 02).

– Práctica (4 horas):

a) Seguridade e comprobacións antes de saír ao mar: coñecemento e manexo do material de seguridade, revisión dos puntos críticos da embarcación e comprobacións previas á saída ao mar.

b) Motores: identificación dos elementos da instalación propulsora. Arranque do motor e comprobacións de funcionamento.

c) Cordame: manexo de cabos e nós básicos.

d) Manobras: manobras en dársena, atracadas e desatracadas. Velocidade de seguridade.

e) Fondeo, vixilancia e control da derrota: manobra de fondeo e virado da áncora. Precaucións con bañistas e mergulladores.

f) Manobras de seguridade: identificación dos diferentes riscos e procedemento de recollida en caso de home á auga.

Terceira. Destinatarios/as

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia.

Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).

Cuarta. Desenvolvemento da actividade

O curso será impartido por unha escola náutica homologada pola Xunta de Galicia.

Lugar, datas e horario:

Edición

Provincia

Concello

Datas

A Coruña

A Pobra do Caramiñal

28 e 29 de maio

Pontevedra

Por determinar

4 e 5 de xuño

Lugo

Encoro de Belesar

18 e 19 de xuño

Ourense

Por determinar

25 e 26 de xuño

O desenvolvemento do curso, distribución dos alumnos/as, días e datas das prácticas de navegación, deberán consultarse na páxina web http://agasp.xunta.gal dentro da ficha específica do curso seleccionado.

Quinta. Requisitos de participación dos/das solicitantes

1. Requisitos xerais:

a) Ter superado o curso básico de protección civil.

b) Estar como voluntario/a activo/a nunha AVPC dun concello relacionado no anexo I da presente convocatoria ou que dispoña dunha embarcación en que se requira a licenza de navegación para o seu manexo.

A agrupación/asociación de voluntarios de protección civil que a pertenza o solicitante deberá estar inscrita regulamentariamente no Rexistro de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con ela.

3. O alumnado seleccionado deberá entregar a seguinte documentación ao coordinador do curso no prazo requirido para o efecto:

– Certificado psicotécnico para embarcacións de recreo expedido por calquera centro homologado.

– Fotocopia do DNI.

Sexta. Solicitudes

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos tales datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

b) As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán previamente darse de alta nela, para o que é necesario facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 39 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

d) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

e) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

f) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou en varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.

g) Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.

Sétima. Prazo de inscrición

O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúna os requisitos do curso, poderá completarse o alumnado asignado a este mediante a apertura dun novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, coa antelación posible en función da data do curso e para que teña lugar unha adecuada selección das persoas candidatas.

Oitava. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se relacionan e na orde indicada, sen prexuízo de que algúns cursos requiran criterios específicos, os cales se indicarán na ficha de cada acción formativa concreta publicada na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal.

1º. De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, en cada edición do curso reservarase un cincuenta por cento das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

Cando no proceso de selección non se completase a dita reserva, de existir suficiente número de solicitantes, completarase co resto de solicitudes.

2º. Terán preferencia as persoas con residencia na provincia onde se realice o curso.

3º. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos, e se o empate persiste terán preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitase a realización dos cursos con anterioridade.

4º. Admitiranse como máximo un aspirante por cada AVPC. En caso de que, despois de realizar a selección de solicitudes, quedasen prazas vacantes admitirase un novo aspirante por cada AVPC, e así sucesivamente ata completar a totalidade das prazas convocadas.

Novena. Admisión

A Agasp publicará na súa páxina web http://agasp.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os/as alumnos/as seleccionados/as serán informados da súa selección a través do correo electrónico e tamén, para quen facilite un número de teléfono móbil, a través de mensaxe telefónica.

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.

A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación mínima de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A Agasp reserva para si o dereito de solicitar todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

Décima. Uniformidade

É obrigatorio asistir ao curso co uniforme de traballo. As persoas que incumpran esta norma poderán ser dadas de baixa na actividade.

Décimo primeira. Dereitos e deberes do alumnado participante

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp.

Décimo segunda. Faltas de asistencia

O Regulamento de réxime interior da Agasp regula no seu artigo 16 as faltas de asistencia nos cursos:

1. A asistencia ás clases e actividades comprendidas no programa do curso é obrigatoria. As faltas que as/os alumnas/os acumulen deberán xustificarse debidamente e penalizaranse disciplinariamente en caso contrario.

2. A/o alumna/o que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis do 10 % das clases do curso de formación será declarado non apto e poderá incorporarse ao curso seguinte ou cando a causa determinante llo permita.

De ser necesario, e só nos casos en que a inasistencia ás clases estea motivada por accidente ou lesión sufridos con ocasión da actividade académica, o director xeral poderá considerar a conveniencia ou a oportunidade de permitir ao/á alumno/a poder recuperar ata un determinado número de horas e participar posteriormente nun exame extraordinario para poder superar o curso sen ter que repetilo.

3. No entanto, aínda que as ausencias acumuladas non cheguen á porcentaxe sinalada, a/o alumna/o poderá verse obrigado a recuperar todas ou parte das horas perdidas ao longo do curso. Neste caso a xefatura de ensino proporá ao director xeral o número de horas que se deban recuperar, tendo en conta, en cada caso concreto, o tipo de xustificación presentada para cada ausencia, así como o número total destas e o comportamento e a actitude da/do alumna/o ao longo do curso.

Décimo terceira. Certificado de aproveitamento

Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada e superen a proba final.

Décimo cuarta. Facultades da Agasp

A Agasp poderá modificar sen necesidade de nova publicación o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá, sen necesidade de nova publicación, suprimir o curso, cambiar as súas datas de celebración, ampliar novas edicións ou prazas deste, ou suspendelo, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia.

Así mesmo, facúltase o director xeral para ditar resolución sen necesidade de nova publicación para interpretar, se for o caso, o desenvolvemento da convocatoria ou docencia.

ANEXO I

Concellos recollidos no Plan de protección civil de salvamento
en praias de Galicia (Sapraga)

Concello

Zona de baño

Tipo de agua

Provincia da Coruña

Ames

Río Tambre-Tapia

Continental

Ares

Ares

Marítima

Chanteiro

Marítima

Raso-Seselle

Marítima

Arteixo

Alba-Sabón

Marítima

Area Grande de Suevos

Marítima

Barrañán

Marítima

Combouzas

Marítima

Porto de Suevos

Marítima

O Reiro

Marítima

A Salsa-Repibelo

Marítima

A Ucha

Marítima

Valcovo

Marítima

Bergondo

Gandarío esquerda

Marítima

Gandarío dereita

Marítima

O Pedrido esquerda

Marítima

O Pedrido dereita

Marítima

Boiro

Barraña

Marítima

Barraña Saltiño

Marítima

Carragueiros

Marítima

Ladeira do Chazo

Marítima

Mañóns

Marítima

Piñeirón

Marítima

Portomouro

Marítima

Retorta

Marítima

Ribeira Grande

Marítima

Cabana de Bergantiños

Rebordelo

Marítima

Cabanas

A Magdalena

Marítima

Chamoso

Marítima

Camariñas

A Areíña Branca

Marítima

Area Longa

Marítima

Arou

Marítima

Lingunde

Marítima

Lobeiras

Marítima

O Ariño

Marítima

O Lago

Marítima

Carballo

Arnados

Marítima

Pedra do Sal

Marítima

Razo

Marítima

Ría de Baldaio

Marítima

Saíñas

Marítima

Cariño

Basteira

Marítima

Figueiras

Marítima

Fornos

Marítima

Peiral

Marítima

Carnota

A Insuela

Marítima

Ardeleiro

Marítima

Area Branca

Marítima

Caldebarcos

Marítima

Corna Becerra

Marítima

Lariño

Marítima

Mar de Lira

Marítima

Portocubelo

Marítima

Porto Quilmas

Marítima

San Mamede (Boca do Río)

Marítima

San Pedro

Marítima

Cedeira

Area Longa

Marítima

Magdalena

Marítima

Cee

Estorde

Marítima

Gures

Marítima

Corcubión

Quenxe

Marítima

Santa Isabel

Marítima

A Coruña

As Lapas

Marítima

Matadoiro

Marítima

Orzán

Marítima

Oza-Lazareto

Marítima

Riazor

Marítima

San Amaro

Marítima

Dumbría

Ézaro

Marítima

Fene

Almieiras

Marítima

Coído

Marítima

Maniños

Marítima

Río Sandeu

Marítima

Ferrol

A Fragata

Marítima

A Graña

Marítima

Cariño

Marítima

Caranza

Marítima

Doniños

Marítima

Esmelle

Marítima

O Vilar

Marítima

Pareixal (Covas)

Marítima

Ponzos

Marítima

San Felipe

Marítima

San Xurxo

Marítima

Santa Comba

Marítima

Fisterra

Corveiro

Marítima

Langosteira

Marítima

Ribeira

Marítima

Sardiñeiro

Marítima

A Laracha

Caión esquerda

Marítima

Caión derelta

Marítima

Laxe

Arnado-Boaño-Traba

Marítima

Laxe centro

Marítima

Laxe esquerda

Marítima

Soesto

Marítima

Traba

Marítima

Malpica de Bergantiños

Praia de Seiruga

Marítima

Praia Maior

Marítima

Mañón

Bares

Marítima

Esteiro

Marítima

Vilela

Marítima

Mazaricos

Rio Beba-A Pontenova

Continental

Melide

Río Furelos

Continental

Miño

A Ribeira-Miño Pequena

Marítima

Alameda

Marítima

Lago-Miño

Marítima

Marín

Marítima

Miño grande esquerda

Marítima

Miño Grande dereita

Marítima

Perbes-Andaío

Marítima

Mugardos

Bestarruza

Marítima

Muros

Area Maior

Marítima

A Rocha

Marítima

A Vouga

Marítima

Agrocovo

Marítima

Area Longa

Marítima

Bornalle

Marítima

Lariño

Marítima

Liñares

Marítima

Medrón-Uía

Marítima

O Cabo

Marítima

O Espadanal

Marítima

O Fogareiro

Marítima

O Portiño do Maio

Marítima

O Porto-Ancoradoiro

Marítima

Parameán

Marítima

Reimúndez

Marítima

San Francisco centro

Marítima

San Francisco esquerda

Marítima

Seixal-Area do Medio

Marítima

Somorto

Marítima

Ventín-O Salto

Marítima

Muxía

A Cruz

Marítima

Area Maior

Marítima

Espiñeirido

Marítima

Lourido

Marítima

Nemiña

Marítima

O Lago

Marítima

Neda

Río Castro-A Ponte da Cobeluda

Continental

Noia

Boa Grande

Marítima

Boa Pequena

Marítima

Oleiros

Bastiagueiro

Marítima

Espiñeiro

Marítima

Mera

Marítima

Naval-Santa Cruz

Marítima

Santa Cristina dereita

Marítima

Santa Cristina desaguadoiro do río

Marítima

Ortigueira

A Concha

Marítima

Bimbieiro

Marítima

Morouzos

Marítima

San Antonio

Marítima

Outes

Broña

Marítima

O Pino

Río Tambre-A Tarroeira esquerda

Continental

Río Tambre-A Tarroeira dereita

Continental

A Pobra do Caramiñal

A Barca

Marítima

A Corna

Marítima

Areal

Marítima

Illa

Marítima

Lombiña

Marítima

Raposiños

Marítima

Ponteceso

A Ermida

Marítima

Arnela

Marítima

Balarés

Marítima

Niñóns

Marítima

Osmo

Marítima

Pontedeume

Insua

Marítima

Perbes-Andaío

Marítima

Sopazos

Marítima

As Pontes de García Rodríguez

Encoro da Ribeira- As Pontes de García Rodríguez

Continental

Continental

Praia do Lago

Continental

Porto do Son

A Aguieira esquerda

Marítima

A Aguieira derelta

Marítima

A Gafa

Marítima

A Ornanda

Marítima

A Teilleira

Marítima

A Vila

Marítima

Area Longa

Marítima

Arnela-Fonforrón

Marítima

As Furnas

Marítima

Cabeiro

Marítima

Coira esquerda

Marítima

Coira dereita

Marítima

Espiñeiriño

Marítima

O Dique

Marítima

O Pozo

Marítima

Queiruga

Marítima

Río Sieira

Marítima

Suigrexa

Marítima

Rianxo

A Torre

Marítima

As Cunchas

Marítima

Tanxil

Marítima

Ribeira

A Ameixida

Marítima

A Corna

Marítima

A Muralla

Marítima

Area Secada

Marítima

Balieiros

Marítima

Baluarte

Marítima

Castiñeiras

Marítima

Catía-Castro

Marítima

Coroso

Marítima

Corrubedo

Marítima

Mosqueiros

Marítima

O Porto

Marítima

O Prado

Marítima

O Touro

Marítima

O Vilar centro

Marítima

O Vilar esquerda

Marítima

Río Azor

Marítima

Rois

Río Rois-Seira

Continental

Sada

Arnela

Marítima

Cirro

Marítima

Morazón

Marítima

Sada Delicias

Marítima

Sada Nova

Marítima

San Pedro

Marítima

Trazo

Río Tambre-Chaián

Continental

Valdoviño

Baleo

Marítima

Campelo

Marítima

Frouxeira

Marítima

Meirás

Marítima

Mourilla-Os Botes

Marítima

Pantín

Marítima

Vilarrube

Marítima

Provincia de Lugo

Barreiros

Acantilado - Remior

Marítima

Altar

Marítima

Arealonga

Marítima

As Pasadas

Marítima

Coto

Marítima

Fontela-Balea

Marítima

Lóngara

Marítima

San Bartolo

Marítima

Begonte

Río Ladra

Continental

Burela

A Marosa

Marítima

O Cantiño

Marítima

O Porteto

Marítima

Rueta

Marítima

Castro de Rei

Río Azúmara

Continental

Cervo

Caosa

Marítima

Cubelas

Marítima

O Torno

Marítima

Rueta

Marítima

Chantada

Encoro Sangoñedo

Continental

O Corgo

Río Chamoso

Continental

Cospeito

Río Miño-Xustás

Continental

Foz 

A Rapadoira

Marítima

Area Longa

Marítima

Areoura-Area Brava

Marítima

As Polas

Marítima

Llas

Marítima

Os Xuncos

Marítima

Pampillosa

Marítima

Peizás

Marítima

Tupide

Marítima

Guitiriz

Río Escádebas-Os Sete Muíños

Continental

Láncara

A Pobra de San Xiao

Continental

Lugo

Río Miño-PM3

Continental

Mondoñedo

Río Tronceda-Coto da Recadeira

Continental

Navia de Suarna

Río Navia

Continental

Outeiro de Rei

Río Miño-Santa Isabel

Continental

Continental

Ribadeo

As Catedrais

Marítima

Esteiro

Marítima

O Cargadeiro

Marítima

Os Bloques

Marítima

Os Castros-As Illas

Marítima

Rocas Brancas

Marítima

O Saviñao

Río Miño-Praia da Cova

Continental

O Vicedo

Abrela

Marítima

Areagrande

Marítima

Arealonga-O Vicedo

Marítima

Caolín

Marítima

Vidreiro

Marítima

Xilloi

Marítima

Viveiro

Area

Marítima

Covas esquerda

Marítima

Covas dereita

Marítima

Sacido

Marítima

Xove

Esteiro-Xove

Marítima

Lago

Marítima

Morás

Marítima

Portocelo

Marítima

Provincia de Ourense

Avión

Río Sil

Continental

Bande

Encoro das Conchas-Portoquintela

Continental

O Barco de Valdeorras

Río Sil

Continental

Beariz

Río Magros

Continental

Río Tiroia-Doade

Continental

Carballeda de Valdeorras

Piscinas Fluiviais A Louxeira

Continental

Castrelo de Miño

Parque náutico Castrelo

Continental

O Ribeiriño

Continental

Castro Caldelas

Río Edo-Caldelas

Continental

Chandrexa de Queixa

Encoro de Cardiego

Continental

Río Rabal

Continental

Entrimo

Río Casal-As Perdices

Continental

A Gudiña

Río Ribeira

Continental

Laza

Río Cabras-Regueiro Seco

Continental

Muíños

Encoro das Conchas-O Cargo-A Rola

Continental

Ourense

Río Miño-A Antena

Continental

A Veiga

Encoro de Prada-Os Franceses

Continental

O Coiñedo

Continental

Verín

Río Támega

Continental

Vilariño de Conso

Río Cenza-O Marcolongo

Continental

Provincia de Pontevedra

Baiona

A Barbeira

Marítima

A Concheira

Marítima

A Ladeira

Marítima

Dos Frades

Marítima

Santa Marta

Marítima

A Ribeira

Marítima

Bueu

Agrelo

Marítima

Area de Bon

Marítima

Area dos Cans (llla de

Marítima

Ons)

Banda do Río

Marítima

Beluso

Marítima

Canexol (Illa de Ons)

Marítima

Dorna (Illa de Ons)

Marítima

Lagos

Marítima

Lapamán

Marítima

Loureiro

Marítima

Melide (Illa de Ons)

Marítima

Mourisca

Marítima

Pescadoira

Marítima

Petís

Marítima

Portomaior

Marítima

Tuia

Marítima

Cambados

A Torre San Sadurniño

Marítima

O Facho

Marítima

Saíñas

Marítima

San Tomé

Marítima

Cangas

Area Cova

Marítima

Areabrava

Marítima

Areamilla

Marítima

Arneles

Marítima

Barra

Marítima

Castiñeira

Marítima

Francón

Marítima

Liméns

Marítima

Melide

Marítima

Menduíña

Marítima

Nerga

Marítima

Pinténs

Marítima

Rodeira

Marítima

Salgueirón

Marítima

Vilariño

Marítima

Catoira

Río Ulla-Peirao (paseo marítimo)

Continental

Cerdedo-Cotobade

Río Almofrei-Carballedo

Continental

Río Almofrei-Pozo

Negro-Rebordelo

Continental

Río Almofrei-Xesteira

Continental

Calvelo

Continental

Río Cabanelas-Viascón

Continental

Covelo

Río Tea-Maceira

Continental

A Estrada

Porca Pousada

Continental

O Grove

A Barcela

Marítima

A Barrosa

Marítima

A Lanzada

Marítima

Area da Cruz

Marítima

Area das Pipas

Marítima

Area de Reboredo

Marítima

Area Grande-O Grove

Marítima

Barreiriño

Marítima

Burato da Londra

Marítima

Barreiro-Castiñeira

Marítima

Con Negro

Marítima

Farruco

Marítima

Lavaxeira

Marítima

Mexilloeira

Marítima

O Carreiro

Marítima

O Espiño

Marítima

O Portiño

Marítima

Ponte da Toxa

Marítima

Raeiros-Paxareiro

Marítima

Rons

Marítima

Seixeliño

Marítima

A Guarda

A Armona

Marítima

A Lamiña

Marítima

Area Grande

Marítima

O Carreiro

Marítima

O Muíño

Marítima

A Illa de Arousa

Area da Secada

Marítima

Carnaxe-Vao

Marítima

Cabodeiro

Marítima

Vao-Canteira

Marítima

Conserrado

Marítima

Lameira

Marítima

Salinas-Lavanqueira

Marítima

Xastelas

Marítima

Lalín

Río Deza-Pozo de Boi

Continental

A Lama

Río Verdugo

Continental

Marín

Aguete

Marítima

Loira

Marítima

Mogor

Marítima

Portocelo

Marítima

Santo do Mar-A Coviña

Marítima

Moaña

A Borna

Marítima

A Ribeira

Marítima

A Xunqueira

Marítima

Areal de Fontexelo

Marítima

Canaval

Marítima

Mosqueira

Marítima

Niño do Corvo

Marítima

O Cocho

Marítima

O Con

Marítima

O Porto

Marítima

Sobreira

Marítima

Tirán-Videira

Marítima

Mondariz

Río Tea-O Val

Continental

Río Tea-Cernadela

Continental

Nigrán

América

Marítima

Area Fofa

Marítima

As Canas

Marítima

Madorra

Marítima

Panxón

Marítima

Patos

Marítima

Poio

A Canteira

Marítima

Area da Barca-Covelo

Marítima

Cabeceira

Marítima

Campelo

Marítima

Chancelas

Marítima

Chancelas pequena

Marítima

Fontemaior

Marítima

Laño

Marítima

Lourido

Marítima

Ouriceira

Marítima

Padrón

Marítima

Raxó

Marítima

As Sinas

Marítima

Xiorto

Marítima

Ponte Caldelas

Río Verdugo-A Calzada

Continental

Ponteareas

Río Tea-A Freixa I

Continental

Río Tea-A Freixa II

Continental

Río Tea-San Roque-Os Remedios

Continental

Pontevedra

Río Lérez

Continental

Río Verdugo-Ponte Sampaio

Continental

Redondela

Arealonga

Marítima

Cesantes centro

Marítima

Cesantes dereita

Marítima

Rande

Marítima

Ribadumia

Río Umía-Cabanelas

Continental

Sanxenxo

A Lanzada

Marítima

A Lapa

Marítima

Agra

Marítima

Areas dereita

Marítima

Areas esquerda

Marítima

Areas Gordas

Marítima

Baltar

Marítima

Bascuas

Marítima

Canelas

Marítima

Caneliñas

Marítima

Espiñeiro

Marítima

Foxos

Marítima

Magor

Marítima

Montalvo

Marítima

Nosa Señora da Lanzada

Marítima

Panadeira

Marítima

Paxariñas

Marítima

Pragueira

Marítima

Silgar

Marítima

Soutomaior

Xunqueira

Transición

Matilde

Transición

Muxeira

Transición

Tomiño

Río Miño-Goián

Continental

Tui

Río Miño-Areeiros

Continental

Río Miño-Penedo

Continental

Vigo

Mourisca

Continental

Punta

Marítima

A Sobreira

Marítima

Argazada

Marítima

Calzoa esquerda

Marítima

Calzoa dereita-Foz

Marítima

Canido

Marítima

Carracido (Illas Cíes)

Marítima

Carril

Marítima

Figueiras (Illas Cíes)

Marítima

Fontaíña

Marítima

Fontes

Marítima

Fortiñón

Marítima

Mende

Marítima

O Adro

Marítima

O Portiño

Marítima

O Vao-Baluarte

Marítima

Xunqueiro

Marítima

Rodas (Illas Cíes)

Marítima

Samil centro

Marítima

Samil dereita

Marítima

Samil esquerda

Marítima

Santa Baia

Marítima

Tombo da Gato

Marítima

Toralla

Marítima

Vila de Cruces

Río Deza-Área Recreativa A Carixa

Continental

Vilaboa

Areeiro

Marítima

Deilán

Marítima

Forno do Cal

Transición

Vilagarcía de Arousa

A Concha

Marítima

A Covacha

Marítima

Campanario

Marítima

Canelas

Marítima

Compostela

Marítima

Preguntoiro

Marítima

Vilanova de Arousa

lgrexa-Braña

Marítima

As Patiñas

Marítima

Cabalgada

Marítima

Castelete

Marítima

Con da Miña

Marítima

Corón-Borreiros

Marítima

Mosqueiro-Poza da Vila

Marítima

Pasaxe-O Bote

Marítima

As Sinas-Pozo de Mar

Marítima

O Bornal-O Fuciño do Porco

Marítima

O Terrón

Marítima