Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2022 Páx. 28602

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muíños

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal (expediente 177/2022).

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local deste concello, do 6 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, coas seguintes prazas:

Persoal laboral:

– Denominación: auxiliar de axuda no fogar.

Nº de vacantes: 9.

Grupo: 4.

Xornada: completa.

Sistema de acceso: concurso.

– Denominación: limpador/limpadora.

Nº de vacantes: 2.

Grupo: 10.

Xornada: media xornada.

Sistema de acceso: concurso.

– Denominación: cociñeiro/cociñeira servizo xantar en rodas e comedor escolar.

Nº de vacantes: 2.

Grupo: 4.

Xornada: completa.

Sistema de acceso: concurso.

– Denominación: arquitecto/a municipal.

Nº de vacantes: 1.

Grupo: 1.

Xornada: completa.

Sistema de acceso: concurso.

– Denominación: oficial 1ª de servizos varios.

Nº de vacantes: 1.

Grupo: 8.

Xornada: completa.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Muíños no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento, advertíndolles ás persoas interesadas que contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, poden interpor, alternativamente, o recurso de reposición potestativo, ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses a contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderán interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese considere máis conveniente ao seu dereito.

Muíños, 6 de maio de 2022

Plácido Álvarez Dobaño
Alcalde