Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2022 Páx. 28601

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución da ampliación do Museo do Mar en San Cibrao.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Cervo, en sesión realizada o día 20 de abril de 2022, aprobou inicialmente o proxecto de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución da ampliación do Museo do Mar nos seguintes bens e dereitos:

Nº predio

Ref. catastral

Sup. parcela

Afección

Sup. afectada

Titular/inquilino

3380

5795006PJ2359N

1.466,89 m²

total

1.466,89 m²

MCDI

AR

0,00

inquilino

0,00

ILB

De conformidade cos artigos 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 293 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia, sométese á información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais do Concello de Cervo, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello:

http://cervo.sedelectronica.es

O presente anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Cervo, 21 de abril de 2022

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde