Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 18 de maio de 2022 Páx. 29059

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 5 de maio de 2022 pola que se fixa o prezo privado para a venda ao público dunha publicación.

O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que «son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestándose tamén tales servizos ou actividades polo sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».

Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que «os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente poidan aplicarse subvencións reguladoras. Para estes efectos, a consellería correspondente remitirá á de Economía e Facenda, o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifiquen os aspectos anteriores. A norma que fixe estes prezos deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia».

Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e logo do informe favorable da Consellería de Facenda e Administración Pública, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único

1. Queda aprobado o prezo privado de venda ao público da publicación editada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase co IVE incluído.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

– Todo o ano é (unha) festa. 10 €.