José Pardo Lombao, alcalde do Concello de Outeiro de Rei, no exercicio das competencias que me atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, expón:
Mediante o Decreto da Alcaldía do 9 de maio de 2022 e de conformidade co disposto na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e 128 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobouse a seguinte oferta de emprego público de estabilización do emprego temporal de longa duración do Concello de Outeiro de Rei, correspondente ao ano 2022:
Núm. de prazas |
Denominación |
Natureza |
Subgrupo |
1 |
Oficial 1º servizos múltiples |
Persoal laboral |
E |
2 |
Oficial 2º servizos múltiples |
Persoal laboral |
E |
1 |
Arquitecta técnica |
Persoal laboral |
A2 |
1 |
Animadora sociocultural |
Persoal laboral |
C2 |
1 |
Monitor deportivo |
Persoal laboral |
C2 |
1 |
ADL |
Persoal laboral |
A1 |
1 |
Educadora familiar |
Persoal laboral |
A2 |
O presente acto pon fin á vía administrativa e poderá ser impugnado potestativamente en reposición ante o alcalde no prazo dun mes contado desde a data da presente publicación, ou ben directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses contados desde a data da presente publicación.
Outeiro de Rei, 9 de maio de 2022
José Pardo Lombao
Alcalde