Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 18 de maio de 2022 Páx. 29302

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muxía

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal e da oferta ordinaria de emprego para o ano 2022.

O alcalde, mediante o Decreto do 10 de maio de 2022, acordou:

Primeiro. Aprobar a oferta extraordinaria de emprego público deste concello para o ano 2022, para a estabilización de emprego temporal, que contén as seguintes prazas:

Denominación praza

Categoría

Nº prazas

Xornada

Concurso

Relación

Operario servizos múltiples

Grupo V

8

7 T/P 1 T/C

DA6-convocatoria excepcional

Persoal laboral

Monitor deportivo

Grupo IV

1

T/P

DA6-convocatoria excepcional

Persoal laboral

Limpadoras

Grupo V

2

1 T/P 1 T/C

DA6-convocatoria excepcional

Persoal laboral

Segundo. Aprobar a oferta ordinaria de emprego deste concello para 2022:

Denominación praza

Categoría/grupo asimilado

Nº prazas

Xornada

Relación

Administrativo Turismo e Cultura

C1

1

T/C

Laboral

Técnico

A2

1

T/C

Laboral

Terceiro. Publicar este anuncio, no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste concello e no Boletín Oficial da provincia e da comunidade autónoma correspondente.

Cuarto. A publicación da convocatoria para a cobertura das prazas incluídas na oferta para a estabilización temporal deberá ser antes do 31 de decembro de 2022 e a súa resolución antes do 31 de decembro de 2024.

Quinto. Queda, polo exposto no ordinal primeiro, anulada a oferta de emprego 2020 (BOP do 25.9.2020) no relativo á estabilización do cadro de persoal.

Notificarlles a presente resolución aos interesados, con indicación expresa dos recursos que se poderán interpor, e darlle conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión ordinaria que realice.

Muxía, 9 de maio de 2022

Santiago Toba Campaña
Alcalde