Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 18 de maio de 2022 Páx. 29300

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos para o acceso a varias prazas de persoal funcionario (OEP 2018).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 99, do 2 de maio de 2017, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 274, do 29 de novembro de 2018, foi publicada unha modificación das mencionadas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 14, do 19 de xaneiro de 2022, foron publicadas resolucións relativas ás convocatorias e bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, os seguintes procesos selectivos:

– Decreto 11375/2021, do 22 de decembro de 2021: 1 praza de técnico/a especialista TIC; escala: Administración especial; subescala técnico; grupo de titulación C (subgrupo C1). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre reservada a discapacitados/as.

– Decreto 11376/2021, do 22 de decembro de 2021: 2 prazas de oficial condutor/a; escala: Administración especial; subescala servizos especiais; grupo de titulación C (subgrupo C2). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

De igual maneira, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 22, do 28 de xaneiro de 2022, foron publicadas as resolucións relativas ás convocatorias e bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, os seguintes procesos selectivos:

– Decreto 288/2022, do 13 de xaneiro de 2022: 1 praza de oficial condutor maquinista; escala: Administración especial; subescala servizos especiais; grupo de titulación C (subgrupo C2). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

– Decreto 306/2022, do 13 de xaneiro de 2022: 1 praza de operario brigada de obras; escala: Administración especial; subescala servizos especiais; grupo AP. Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

– Decreto 402/2022, do 17 de xaneiro de 2022: 2 prazas de oficial brigada de obras; escala: Administración especial; subescala servizos especiais; grupo de titulación C (subgrupo C2). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte dias hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 21 de abril de 2022

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452 da Xunta de Goberno Local, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos