Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 18 de maio de 2022 Páx. 29299

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións nun ámbito de solo rústico do lugar de Rumbo.

A Xunta de Goberno Local, na sesión do 11 de abril de 2022, adoptou o seguinte acordo (rectificado mediante acordos adoptados nas sesións do 25 de abril e 4 de maio de 2022):

Primeiro. Ter por aprobado inicialmente, por silencio administrativo –en cumprimento da sentenza citada nos antecedentes–, o Plan especial de infraestruturas e dotacións nun ámbito de solo rústico do lugar de Rumbo, que redactou o arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas, co selo de visado colexial do 18 de xaneiro de 2019.

Segundo. Sometelo ao trámite de información pública por un prazo de dous (2) meses, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión na provincia, na sede electrónica do concello, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello e no portal da transparencia, e publicar na sede electrónica o plan especial que se aprobou inicialmente e que se somete á información pública.

Terceiro. Notificar de forma individual as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Durante este prazo, contado desde a última publicación realizada, poderase examinar na Área de Urbanismo (na casa do concello, rúa do Concello, 12, Culleredo), dos luns aos venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 11 de maio de 2022

P.D. (Resolución do 13.7.2020; BOP núm. 114, do 23 de xullo)
Marta María Iglesias Becerra
Concelleira delegada da Área de Urbanismo