Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 18 de maio de 2022 Páx. 29297

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro Caldelas

ANUNCIO da aprobación da oferta extraordinaria de emprego público 2022 para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución de Alcaldía deste concello, do 9 de maio de 2022, aprobouse a oferta extraordinaria de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a seguir se relacionan:

– Disposición adicional 6ª da Lei 20/2021:

Persoal laboral fixo:

Grupo de clasificación

Categoría laboral

Vacantes

Xornada

Denominación

Sistema de acceso

I

Titulado superior

1

Completa

Axente de emprego e desenvolvemento local

Concurso

I

Titulado superior

1

Parcial

Arquitecto Oficina de Rehabilitación

Concurso

IV

Péon especialista

1

Completa

Peón especialista GES (coordinador)

Concurso

IV

Auxiliar

1

Completa

Auxiliar-administrativo Oficina de Rehabilitación

Concurso

V

Auxiliar

7

6-completa 1-parcial

Auxiliar de axuda a domicilio

Concurso

V

Limpador/subalterno

1

Completa

Limpador/subalterno colexios

Concurso

– Disposición adicional 6ª da Lei 20/2021:

Persoal laboral fixo discontinuo (6 meses):

Grupo de clasificación

Categoría laboral

Vacantes

Xornada

Denominación

Sistema de acceso

V

Operario condutor

1

Completa

Chófer desbrozadora

Concurso

Publícase en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Castro Caldelas, 9 de maio de 2022

Sara Inés Vega Núñez
Alcaldesa