Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29518

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-UE do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN861A).

O Estatuto de autonomía de Galicia recolle no seu artigo 27.19 que corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, ten por obxecto establecer o marco para o fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico, da transferencia e valorización de resultados e da innovación en Galicia en todas as súas vertentes, así como da súa xestión eficiente. Esta lei, no seu capítulo III, crea o Plan galego de investigación e innovación como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo.

O Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e apróbanse os seus estatutos, establece que a Axencia Galega de Innovación ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación tecnolóxica dentro da Administración galega e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas a través da implementación de tecnoloxías e programas de innovación eficientes, atribuíndolle no seu artigo 15.3 a consideración de plan estratéxico de subvencións, para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A biotecnoloxía é na actualidade un sector con grandes fortalezas, preparado para competir nos mercados internacionais. A Xunta de Galicia, consciente desta oportunidade, mantivo un apoio continuado e decidido a este ecosistema, co obxectivo de situalo como un referente. A biotecnoloxía ocupa un lugar destacado na axenda do Goberno galego, e desempeña un papel clave tanto no marco da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) como da Axenda Industria 4.0.

A través da Estratexia galega de impulso á biotecnoloxía para o período 2016-2020, Galicia sentou as bases para a súa configuración como polo biotecnolóxico, o que lle permitiu gañar en competitividade a nivel internacional e atraer a empresas e investidores. Dita estratexia logrou crear un ecosistema empresarial mozo e dinámico baseado na transferencia de tecnoloxía.

Dando continuidade ao compromiso do Goberno galego con este sector, a «Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía» para o período 2021-2025 asume a misión de situar a Galicia como polo de referencia en biotecnoloxía, promovendo o seu uso e aplicación en todos os sectores económicos e fomentando un ecosistema colaborativo que favorece o emprendemento, o crecemento e a atracción de empresas cara a Galicia.

O marco temporal do programa operativo do Fondo Europeo de Desesenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020, viuse afectado dun modo sen precedentes polas consecuencias da pandemia da COVID-19, xerando unha situación excepcional que é necesario abordar con medidas específicas. Neste contexto, as institucións da Unión Europea aprobaron instrumentos, como o Regulamento (UE) nº 2020/558, coa finalidade de dotar dunha maior flexibilidade ao uso dos fondos estruturais e de investimento europeos na resposta á crise orixinada pola COVID-19.

O 28 de decembro de 2020 publicábase o Regulamento (UE) nº 2020/2221, que establece as normas e disposicións de execución referentes aos recursos adicionais achegados en calidade de axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE), co fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Tal e como se recolle no preámbulo deste regulamento, no caso do Feder os recursos REACT-UE, cos que se financia esta convocatoria, utilizaranse para apoiar o investimento en sectores cun elevado potencial de creación de emprego e que contribúan á transición cara a unha economía dixital e verde.

Os recursos REACT-UE deben utilizarse, ademais, de conformidade cos principios de desenvolvemento sustentable, tendo en conta o Acordo de París e os obxectivos de desenvolvemento sustentable das Nacións Unidas, así como a transversalidade e a integración da perspectiva de xénero.

Un obxectivo esencial da Xunta de Galicia é avanzar na recuperación económica de Galicia. A investigación, o desenvolvemento e a innovación son panca crítica para garantir unha recuperación sustentable e inclusiva no contexto da pandemia provocada pola COVID-19, á vez que impulsan a resiliencia dos nosos sectores produtivos, a competitividade das nosas economías, a transformación dos nosos sistemas socioeconómicos e a creación de emprego.

A biotecnoloxía é unha das tecnoloxías facilitadoras clave, así como unha tecnoloxía industrial avanzada que se fundamenta de maneira intensiva na investigación e o desenvolvemento, pero que ten unha clara orientación ás necesidades industriais e socioeconómicas, o cal contribúe a fortalecer a competitividade e a innovación.

Por este motivo, no marco dos obxectivos de recuperación económica da Xunta de Galicia, e coa finalidade de afianzar as capacidades de crecemento do ecosistema empresarial creado ao amparo das estratexias implementadas nos últimos 6 anos, estas axudas céntranse en promover a consolidación do ecosistema biotecnolóxico na Comunidade a través do apoio a plans de I+D+i e investimento tecnolóxica de carácter individual, o cal permite maximizar a eficiencia dos fondos a través de:

– O seu encadre na cadea de valor 4 da Estratexia Next Generation Galicia pola relevancia do sector biotecnolóxico galego, que asegura á súa vez que están recollidas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (panca 5, compoñente 12).

–O seu aliñamento co recente Plan estratéxico do programa Horizonte Europa, que inclúe entre as súas catro orientacións estratéxicas para os investimentos en I+D+i a de promover unha autonomía estratéxica aberta liderando o desenvolvemento de tecnoloxías, sectores e cadeas de valor dixitais, capacitadores e emerxentes que se consideren clave.

Por outra banda, a especialización intelixente seguirá desempeñando un papel importante no desenvolvemento rexional e a cohesión, despregándose no novo período 2021-2027 cinco obxectivos políticos xerais que inclúen a mellora do crecemento sustentable e a dixitalización.

No marco da recuperación é imprescindible adoptar un novo enfoque da innovación: «con» e «para» as persoas, que permita tamén unha transformación social integradora. En concreto, a prioridade 1 da RIS3 establece como aspecto fundamental para Galicia aquelas solucións científico-tecnolóxicas para a sustentabilidade, que se basean no desenvolvemento e aplicación das diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sustentabilidade dos recursos naturais (terra e mar) e patrimoniais de Galicia, xerando ademais oportunidades para a diversificación cara a produtos sustentables competitivos internacionalmente e mellorando o benestar das persoas. Á súa vez, a prioridade 3 «Galicia living lab» establece o foco nos esforzos da I+D+i en alimentación, saúde e envellecemento activo onde se contempla, entre outros, o desenvolvemento de fármacos e tecnoloxías sanitarias.

Así, o obxecto das axudas reguladas nestas bases é o de estimular a posta en marcha de plans de investimento, de I+D e innovación en pemes galegas, coa finalidade principal de impulsar a consolidación do tecido biotecnolóxico da Comunidade e aumentar o nivel de competitividade e viabilidade das pemes deste sector que permitan o fortalecemento naquelas áreas que axuden a dar cumprimento aos retos e prioridades da Rexión, especialmente nos ámbitos de sustentabilidade en todas as cadeas de valor e solucións avanzadas para contribuír a unha mellor alimentación e solucións sanitarias que contribúan á calidade de vida do conxunto da sociedade. Neste sentido, preséntanse como un instrumento axeitado para contribuír á prioridade de investimento de reforzar o papel das pemes como clave da «Estratexia de consolidación da biotecnoloxía» antes mencionada.

Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

DISPÓN:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Axencia Galega de Innovación do programa Consolida BIO aliñados coa Estratexia de consolidación da biotecnoloxía de Galicia para o período 2021-2025, a RIS3 de Galicia en consonancia coa Estratexia Next Generation Galicia.

2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse ditas axudas para o ano 2022 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN861A), axustándose as axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

3. As axudas financiarán plans de investimento produtivo e innovación que impliquen actuacións de investimento en activos fixos para facilitar a consolidación produtiva e tecnolóxica das pemes do sector biotecnolóxico en Galicia. Devanditos plans formarán parte dun plan empresarial que requira o uso de tecnoloxías, ou coñecementos desenvoltos a partir da actividade investigadora, no ámbito da biotecnoloxía e nos que a estratexia de negocio futura se base no desenvolvemento da devandita tecnoloxía.

4. As axudas poderán destinarse a plans empresariais en calquera ámbito e sector sempre que contemplen as tipoloxías de biotecnoloxía descritas no artigo 2.6, e os sectores prioritarios de hibridación descritos na Estratexia de consolidación da biotecnoloxía de Galicia incluídos no artigo 2.8 destas bases así como as cadeas de valor da RIS3 de Galicia.

5. As actividades incluídas no plan constituirán un conxunto completo e coherente de actividades de investimento produtivo innovador (bloque A) e actividades de innovación para o que as tecnoloxías e produtos/servizos deberán partir dun estado inicial como mínimo TRL 5-8 (bloque B). Todas as actividades estarán integradas nun plan de consolidación empresarial de carácter individual que afiance o crecemento da empresa en: facturación, xeración de emprego, especialmente coa incorporación de novo persoal, e capacidades para a absorción, xeración e transferencia de coñecemento para garantir a consolidación da empresa no mercado e afianzar a bioeconomía en Galicia. As actuacións e actividades incluídas no plan de consolidación descríbense no artigo 4, os cales deben incluír necesariamente actuacións dos dous bloques mencionados.

6. Só se admitirá unha solicitude por empresa. Ademais, no caso de empresas vinculadas, asociadas e/ou do mesmo grupo empresarial, unicamente se admitirá unha solicitude por empresas vinculadas, asociadas e/ou do mesmo grupo empresarial. En caso de que concorran varias empresas vinculadas, asociadas e/ou do mesmo grupo empresarial só se admitirá aquela solicitude presentada no rexistro en primeiro lugar sendo desestimadas as seguintes.

Artigo 2. Definicións

1. Empresa: segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.

2. Pequena e mediana empresa (peme): segundo o artigo 2 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, consideraranse pemes as empresas que ocupan a menos de 250 persoas e o seu volume de negocio anual non excede dos 50 millóns de euros ou o seu balance xeral non excede dos 43 millóns de euros. Dentro das pemes, considerarase pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.

Para o cálculo destes efectivos, deberán considerarse as indicacións incluídas nos artigos 3, 4, 5 e 6 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

3. Empresa en crise: a que así se defina conforme ao previsto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 e as directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, DOUE C 249, do 31.7.2014, ou documento que o substitúa.

4. Empresa vinculada: son «empresas vinculadas» segundo o artigo 3.3. do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 aquelas empresas entre as cales existe algunha das seguintes relacións:

a. Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios doutra empresa.

b. Unha empresa ten dereito a nomear ou revogar á maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control doutra empresa.

c. Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato celebrado con ela ou dunha cláusula estatutaria da segunda empresa.

d. Unha empresa, accionista doutra ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo celebrado con outros accionistas ou socios da segunda empresa, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas ou socios.

Presumirase que non existe influencia dominante, cando os investidores enunciados no artigo 3.2 (segundo parágrafo) do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 non teñan implicación directa ou indirecta na xestión da empresa en cuestión, sen prexuízo dos dereitos que lles correspondan na súa calidade de accionistas.

As empresas que manteñan calquera das relacións contempladas no parágrafo primeiro do artigo 3 do citado anexo I a través doutra ou doutras empresas, ou cos investidores enumerados no apartado 2 do mesmo artigo, consideraranse tamén vinculadas.

Tamén se considerarán empresas vinculadas as que manteñan algunha das devanditas relacións a través dunha persoa física ou un grupo de persoas físicas que actúen de común acordo, se ditas empresas exercen a súa actividade ou parte da mesma no mesmo mercado de referencia ou en mercados contiguos, considerándose mercado contiguo o mercado dun produto ou servizo situado nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á do mercado en cuestión.

5. Empresa asociada: son empresas que manteñan lazos significativos de asociación financeira con outras empresas, sen que ningunha exerza, directa ou indirectamente, un control efectivo sobre a outra.

Son asociadas as empresas que nin son autónomas nin están vinculadas entre si. A empresa solicitante é asociada doutra empresa si:

a. Posúe unha participación ou dereitos de votos superiores ou iguais ao 25 % de dita empresa, ou se a dita empresa posúe unha participación ou dereitos de voto superiores ou iguais ao 25 % da empresa solicitante.

b. E as empresas non son empresas vinculadas, o que significa, entre outras cousas, que os dereitos de voto dunha delas na outra non supera o 50 % e

c. A empresa solicitante non elabora contas consolidadas que incluían a dita empresa por consolidación, nin está incluída por consolidación nas contas da dita empresa nin nas de ningunha empresa vinculada a ela.

6. Biotecnoloxía: mantense a definición do Convenio sobre a diversidade biolóxica da ONU de 1992, toda aplicación tecnolóxica que utilice sistemas biolóxicos e organismos vivos ou os seus derivados para a creación ou modificación de produtos ou procesos para usos específicos. Enténdese polo tanto a área de coñecemento que, cun carácter multidisciplinar, utiliza o conxunto de técnicas e tecnoloxías que fan uso de organismos ou partes deles, así como calquera outro tipo de tecnoloxías e disciplinas que poidan converxer con ela e que permitan a mellora ou o desenvolvemento de produtos innovadores, procesos ou aplicacións en distintos ámbitos sociais e sectores de actividade económica. Pódense distinguir catro tipos determinados pola aplicación dos desenvolvementos biotecnolóxicos:

a) Biotecnoloxía vermella: aplicada á utilización de biotecnoloxía en procesos sanitarios en campos como antibióticos, desenvolvemento de fármacos, terapias rexenerativas ou xenética médica.

b) Biotecnoloxía branca: utilizada en procesos industriais, con aplicacións na xeración de químicos, inhibidores encimáticos industriais. Tamén se aplica aos usos da biotecnoloxía na industria téxtil, na creación de novos materiais, como plásticos biodegradables ou a produción de biocombustibles.

c) Biotecnoloxía verde: biotecnoloxía aplicada a procesos agrícolas con aplicacións como os transxénicos, valorización de residuos ou selección de especies.

d) Biotecnoloxía azul: aplicacións biotecnolóxicas en ambientes mariños e acuáticos, abarcando ámbitos como a acuicultura, cosmética ou saúde animal.

7. Innovación en materia de procesos: a aplicación dun método de produción ou subministro novo ou significativamente mellorado (incluidos cambios significativos en canto a técnicas, equipos ou programas informáticos); non se inclúen os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

8. Subsectores prioritarios da biotecnoloxía en Galicia: a Estratexia de consolidación do sector Biotecnolóxico de Galicia para o período 2012-2025 establece os seguintes 6 sub-sectores prioritarios para Galicia en materia de biotecnoloxía:

a) Xestión e aproveitamento dos recursos mariños.

b) Produción e aproveitamento agrogandeiro e forestal.

c) Alimentación funcional e nutracéutica para a saúde e o envellecemento activo.

d) Novas tecnoloxías para a medicina personalizada.

e) Desenvolvemento e produción de fármacos e vacinas.

f) Medio, economía circular e bioenerxía.

9. Retos, prioridades e cadeas de valor da RIS3 Galicia.

i. Restos RIS3:

• Reto 1: novo modelo de xestión dos recursos naturais e culturais baseado na innovación. Modernización dos sectores tradicionais galegos a través da introdución de innovacións que incidan na mellora da eficiencia e o rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

• Reto 2: novo modelo industrial sustentado na competitividade e o coñecemento. Aumentar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia, a través da hibridación e as Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais.

• Reto 3: novo modelo de vida saudable cimentado no envellecemento activo da poboación. Situar Galicia como a rexión líder do sur de Europa en oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable: envellecemento activo, aplicación terapéutica de recursos hídricos e mariños e a nutrición funcional.

ii. Prioridades RIS3:

• Prioridade 1: solucións científico-tecnolóxicas para a sustentabilidade. Desenvolvemento e aplicación das diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sustentabilidade dos recursos naturais (terra e mar) e patrimoniais de Galicia, xerando ademais oportunidades para a diversificación cara a produtos sustentables competitivos internacionalmente e mellorando o benestar das persoas.

• Prioridade 2: dixitalización para o novo modelo industrial e social. Apoio á tecnificación e dixitalización (desenvolvemento e/ou incorporación de tecnoloxías) para impulsar o modelo industrial galego e a xestión e prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade, como panca para a transformación resiliente de Galicia.

• Prioridade 3: Galicia living lab. Orientación dos esforzos en I+D+i cara os retos da sociedade en Alimentación, Saúde e Envellecemento Activo, convertendo a Galicia nunha contorna referencia mundial para o desenvolvemento e testeo de novas oportunidades científico-tecnolóxicas e empresariais: Galicia Living Lab.

iii. Cadeas de valor de Galicia:

• Cadea de valor da industria aeroespacial e aeronáutica.

• Cadea de valor da industria da agroalimentación.

• Cadea de valor da industria de automoción.

• Cadea de valor das enerxías renovables e o almacenamento enerxético.

• Cadea de valor da industria forestal e da madeira.

• Cadea de valor da industria do mar e o medio mariño.

• Cadea de valor da industria naval.

• Cadea de valor da loxística.

• Cadea de valor a saúde, a calidade de vida e o envellecemento.

• Cadea de valor da industria téxtil e da moda.

• Cadea de valor do turismo e o patrimonio.

• Cadea de valor das TIC.

10. Os TRL ou Technology Readiness Levels refírense aos niveis de madurez dunha tecnoloxía. De acordo co sistema TRL, considéranse nove niveis que se estenden desde os principios básicos da nova tecnoloxía ata chegar ás súas probas con éxito nunha contorna real:

TRL1: principios básicos observados e reportados.

TRL2: conceptos e/ou aplicación tecnolóxica formulada.

TRL3: función crítica, analítica e experimental, e/ou proba do concepto característica.

TRL4: validación de compoñente e/ou disposición dos mesmos en contorna de laboratorio.

TRL5: validación de compoñente e/ou disposición dos mesmos nunha contorna relevante.

TRL6: modelo de sistema ou subsistema ou demostración de prototipo nunha contorna relevante.

TRL7: demostración de sistema ou prototipo nunha contorna real.

TRL8: sistema completo e certificado a través de probas e demostracións.

TRL9: sistema probado con éxito nunha contorna real.

Artigo 3. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas micro, pequenas e medianas (pemes), segundo as definicións contidas no artigo 2 que cumpran os seguintes requisitos:

• Deberán cumprir ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda. En caso de non ter este centro de traballo no momento de presentar a súa solicitude, deberán achegar unha declaración da entidade solicitante que acredite o seu compromiso de establecerse en Galicia nun prazo máximo de 1 mes desde a resolución.

• Estar constituídas como máximo nos 8 anos anteriores á data de peche do prazo de presentación de solicitudes de axuda á presente convocatoria, para o que se terá en conta a data de outorgamento da escritura de constitución da empresa.

• Contar con ingresos por facturación nos dous últimos anos.

• Terán produtos innovadores con posibilidades de levar a mercado a curto prazo, para o que terán que presentar produtos/servizos innovadores nun nivel mínimo de TRL 5-8.

• Contar cun número total de empregados ou socios traballadores non inferior a 3.

• Ter as contas anuais correspondentes aos dous últimos exercicios pechados, depositadas no Rexistro Mercantil ou rexistro oficial correspondente. No caso de empresas de nova creación previsión de balance e conta de resultados do primeiro ano de funcionamento.

2. Deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no Documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme ao disposto no artigo 23.4 da presente resolución.

3. Achegarán ao plan de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25 % do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo. Para estes efectos, a Gain poderá exixir nas resolucións de concesión un determinado nivel de fondos propios que deberá acreditar o beneficiario.

4. A Axencia Galega de Innovación poderá realizar as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias que así o declaren teñen a condición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do referido Regulamento (UE) nº 651/2014 e que non son empresas en crise.

5. Quedan excluídas, non sendo admitidas as solicitudes nas que concorran as seguintes condicións:

• Aquelas microempresas, pequenas e medianas empresas e as súas empresas vinculadas, asociadas e/ou do mesmo grupo empresarial que xa resultasen beneficiarias do Programa InnovaPeme das convocatorias de 2020 e 2021, e/ou do apoio aos proxectos Neotec que fosen financiados pola Axencia Galega de Innovación por superar o limiar de puntuación pero non obtivesen financiamento por non dispoñibilidade de crédito en CDTI.

• As asociacións, as fundacións, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro.

• As entidades e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes das administracións públicas, así como aquelas pertencentes á administración institucional, calquera que sexa a administración na que se integren.

• Calquera ente, organismo ou entidade con personalidade xurídica propia, que se creara especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teña carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos pertencentes ao sector público financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen a máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia, de acordo co establecido no artigo 3.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

• Non poderán ter a condición de beneficiarios as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

• Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en crise, de acordo coa definición de empresa en crise establecida no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE. As empresas cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme á normativa comunitaria.

• Non poderán ter a condición de beneficiarios as empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei de subvencións.

Artigo 4. Actuacións subvencionables

1. As axudas financiarán actuacións de investimento produtivo e innovación como actuacións de investimento en activos fixos enmarcadas nun plan empresarial dirixido á consolidación da peme solicitante, que estará baseado no uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvoltos a partir da actividade investigadora no ámbito da biotecnoloxía e nos que a estratexia de negocio futuro se base no desenvolvemento da devandita tecnoloxía. Os plans financiables deben comprender tanto actuacións de investimento como de innovación.

2. Só se financiarán as actividades do plan desenvoltas na Comunidade Autónoma galega, de modo que os beneficiarios deberán ter na Comunidade ou o seu domicilio social ou algún centro de traballo onde realicen as actividades susceptibles de obter a axuda. En caso de non ter este centro de traballo no momento de presentar a súa solicitude, deberán achegar unha declaración da entidade solicitante que acredite o seu compromiso de establecerse en Galicia nun prazo máximo de 1 mes desde a resolución.

3. Os plans deberán ter un orzamento subvencionable mínimo de 500.000 euros e máximo de 1.000.000 de euros.

4. Os plans terán duración plurianual conforme aos prazos de execución e xustificación dispostos no artigo 26 da presente orde, sendo o prazo de execución como se indica na seguinte estrutura de anualidades:

• Primeira anualidade: desde a data de solicitude da axuda ata o 30 de novembro de 2022.

• Segunda anualidade: desde o 1 de decembro de 2022 ata o 30 de abril de 2023.

5. De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014 considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presentou antes do inicio da actividade. Entenderase que a actividade comeza co primeiro compromiso en firme para o pedido de equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible se esta data é anterior. Os traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran o inicio dos traballos.

6. Non se adecúan a esta convocatoria os plans de empresas cuxo modelo de negocio se base primordialmente en servizos a terceiros, sen desenvolvemento de tecnoloxía propia. Tampouco serán obxecto de axuda aquelas iniciativas que non reflictan claramente en memoria técnica a continuidade no desenvolvemento de tecnoloxía nin as que, directa ou indirectamente, ocasionen un prexuízo significativo ao ambiente (en diante «principio DNSH», polas súas siglas en inglés), de acordo co artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño (Regulamento de taxonomía) ou as dirixidas a aumentar a eficiencia dos combustibles fósiles.

7. As actividades incluídas no Plan de consolidación deberán implicar unha ou varias actividades de investimento e de innovación das descritas a seguir:

• Bloque A. Investimento produtivo innovador.

O orzamento mínimo para este bloque será dun 60 % do gasto elixible total do plan presentado.

Serán actuacións subvencionables unha ou varias das seguintes:

a1. Creación de establecementos industriais: actuacións orientadas ao comezo dunha nova actividade produtiva.

a2. Melloras e/ou modificacións de liñas de produción e proceso que impliquen un cambio esencial no proceso xeral de produción ou diversificación da produción en novos produtos adicionais: realización de actuacións que permitan a modernización de liñas de produción e proceso existentes, ou xeren a implantación de novas liñas de produción e proceso, en establecementos industriais que xa están en produción no momento da solicitude. Con inclusión expresa da implementación produtiva de novas tecnoloxías.

Ditos investimentos terán carácter innovador pola súa relación coas actividades incluídas no plan de consolidación do bloque B.

Quedan fóra destas definicións as meras substitucións de compoñentes ou elementos auxiliares de produción, así como as reparacións e accións de mantemento. Igualmente, queda fóra do obxecto a adquisición de empresas.

• Bloque B. Innovación.

O orzamento máximo para este bloque será dun 40 % do gasto elixible total do plan presentado.

Non se admitirán actividades de investigación básica ou investigación industrial, nin de desenvolvemento tecnolóxico, polo tanto, as actividades subvencionables deberán contemplar tarefas coas seguintes finalidades:

b1. Innovación en materia de procesos, será conforme ao disposto no artigo 2.7, que consistirán na aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos cambios significativos en canto a técnicas, equipamentos ou programas informáticos) baseados en biotecnoloxía ou ao uso da mesma nos procesos empresariais.

b2. Actividades de innovación. Entenderanse aquelas destinadas a adquirir ou mellorar o uso de coñecemento, así como mellorar as deficiencias de coordinación e de información asimétrica. Estas actividades comprenderán os custos subvencionables de «servizos tecnolóxicos externos» do artigo 5 destas bases. Nestas actividades admitiranse, de maneira non exclusiva, as seguintes:

• Consultoría para a comercialización de produtos/servizos innovadores baseados en biotecnoloxías, incluíndo a definición e posta en marcha de novos modelos de negocio, así como o deseño funcional, estético e técnico, e a identidade de produto/servizo destes (incluíndo identidade gráfica, envase, embalaxe e comunicación).

• Asesoramento ou servizos relacionados co posicionamento e márketing de produtos e servizos innovadores.

• Estudos de viabilidade técnica, económica e/ou de mercado previos á comercialización de produtos/servizos; entre os cales se inclúen estudos de satisfacción e detección de necesidades dos mercados.

• Asesoramento legal e de mercado para a transferencia de tecnoloxía a través de licenzas ou outros acordos.

• Asesoramento para o acceso ao financiamento da innovación a través de instrumentos financeiros ou fondos de capital risco.

8. Os plans empresariais deberán estar vinculados a, polo menos, un dos subsectores prioritarios da biotecnoloxía en Galicia e ás cadeas de valor definidas na RIS3 tal e como se relaciona a seguir:

• Xestión e aproveitamento dos recursos mariños, correspondente á cadea de valor da industria do mar e o medio mariño.

• Produción e aproveitamento agrogandeiro e forestal, correspondente coa cadea de valor da industria da agroalimentación, así como a cadea de valor da industria forestal e a madeira.

• Alimentación funcional e nutracéutica para a saúde e o envellecemento activo, correspondente coa cadea de valor da industria da agroalimentación.

• Novas tecnoloxías para a medicina personalizada, correspondente coa cadea de valor a saúde, a calidade de vida e o envellecemento.

• Desenvolvemento e produción de fármacos e vacinas, incluídos na cadea de valor a saúde, a calidade de vida e o envellecemento.

• Ambiente, economía circular e bioenerxía, correspondente coas diferentes cadeas de valor de sectores industriais, e cadea de valor das enerxías renovables e o almacenamento enerxético.

Artigo 5. Conceptos subvencionables

1. Financiaranse os custos do plan de consolidación empresarial, sempre que estean incluídos na memoria técnica e sexan necesarios para o desenvolvemento do mesmo. Todo gasto non xustificado axeitadamente na memoria técnica polo solicitante será eliminado do orzamento elixible do plan. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. A estes gastos seralles de aplicación o previsto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020 e a HAC/114/2021, do 5 de febreiro, que a modifica.

3. Soamente se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período de execución indicado na resolución de concesión da axuda, respectando sempre o período subvencionable incluído nesta convocatoria. Deste xeito, considerarase gasto subvencionable o que foi executado e pago dentro do prazo de execución indicado na resolución da axuda.

Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagos deban efectuarse nun momento posterior por axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pago antes de finalizar o mes en que ao beneficiario lle corresponde liquidar eses gastos.

4. Serán subvencionables unicamente aquelas actuacións que se poidan encadrar nas seguintes categorías, de acordo coas seccións 2 (artigo 17) e 4 (artigos 28 e 29) do capítulo III do Regulamento (UE) nº 651/2014 e conforme o que se establece no artigo 2 –definicións– das presentes bases.

5. Para as actuacións relativas á liña A de investimento, serán subvencionables os custos do investimento en activos materiais e inmateriais consistentes en:

i. Adquisición dos terreos necesarios para acometer o plan, traídas e conexións de servizos, urbanización e obras exteriores axeitadas ás necesidades do plan. A contía máxima subvencionable de custo de terreo non poderá superar o 10 % do investimento subvencionable total da operación.

ii. Obra civil: oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras vinculadas ao plan.

iii. Adquisición de inmobles. A contía máxima subvencionable de custo dos inmobles non poderá superar o 10 % do investimento subvencionable total da operación.

iv. Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do medio e outros bens de equipo ligados ao plan.

v. Outras inversións en activos fixos materiais incluíndo mobiliario.

vi. Activos inmateriais, tales como aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, gastos de I+D e outros activos intanxibles ligados a plans de innovación tecnolóxica, en contía non superior ao 50 % do investimento subvencionable aprobado, neste bloque.

Estes activos inmateriais deberán cumprir todas as condicións seguintes:

• Utilizaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda;

• Consideraranse activos amortizables;

• Adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador;

• Estarán incluídos nos activos da empresa durante polo menos tres anos.

vii. Adquisición de activos pertencentes a un establecemento, cando se cumpran as seguintes condicións:

• Que o establecemento xa pechara ou pecharía se non fose adquirido.

• Que os activos sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador e que os mesmos non fosen obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.

• Que a operación teña lugar en condicións de mercado.

6. Para as actuacións relativas á liña B, innovación en procesos e actividades de innovación, admitiranse como custos elixibles os seguintes:

i. Custos de persoal de nova contratación: o persoal de nova contratación deberá dedicarse de xeito exclusivo cunha dedicación do 100 % ao plan de consolidación, a xornada completa e non ter contrato laboral coa empresa ou empresa vinculada nos 6 meses anteriores á formalización do contrato. Non se admitirán a contratos de prácticas.

O persoal que participa no plan de consolidación e cuxos custos se imputen na solicitude da axuda, deberán ter relación contractual coa entidade beneficiaria e estar de alta laboral nun centro de traballo sito na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os custes de persoal serán subvencionables na medida en que se incorresen en eles de xeito efectivo, e inclúen os salarios fixados nun contrato de traballo ou na lei, e que teñan relación coas responsabilidades especificadas na descrición do posto de traballo correspondente.

Os custos de persoal que se subvencionan serán os máximos anuais por grupo de cotización que se establecen no seguinte cadro:

Grupo cotización

Titulación/categoría profesional

Total anual
(salario base + % seguridade social a cargo da empresa)

1

Enxeñaría/licenciatura/persoal de alta dirección

37.350,00 €

2

Enxeñaría técnica, peritaxe e axudantes con título/diplomatura

32.682,00 €

3

Xefes administrativos e de taller (técnicos especialistas)

26.145,00 €

4

Axudantes sen titulación

21.475,00 €

5

Oficiais administrativos

21.475,00 €

6

Subalternos

21.475,00 €

7

Auxiliares administrativos

21.475,00 €

8

Oficiais de primeira e segunda

17.500,00 €

9

Resto de oficiais

17.500,00 €

10

Peóns

17.500,00 €

11

Persoal traballador menor de 18 anos

17.500,00 €

Só serán subvencionables aqueles gastos de persoal relacionados con actividades do plan de consolidación que se subvencionan e que a entidade non levaría a cabo se non se realizara o plan. Consideraranse custos de persoal subvencionables os custos de salario base do persoal e a parte proporcional do custo da seguridade social a cargo da empresa.

Non se considerarán subvencionables:

a) Os gastos de persoal que non teña relación laboral contractual coa entidade beneficiaria da subvención, salvo no caso dos autónomos societarios retribuídos a través de nónima.

b) Os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión do plan.

c) Os custos de viaxes, as indemnizacións ou axudas de custos.

d) Os custos de persoal directivo e de xerencia que realice labores de I+D+i no caso de medianas empresas e de pequenas empresas que non teñan a categoría de micropemes.

e) Os pagos salariais xustificados mediante factura, en todo caso.

Calquera modificación no cadro de persoal asignado ao plan de consolidación deberá ser motivada e xustificada, e será aprobada pola Axencia Galega de Innovación. En caso de producirse substitucións, ademais, a persoa substituta deberá cumprir as mesmas condicións de perfil e contratación que a persoa que causou baixa.

Consideraranse gastos de persoal subvencionables os custos brutos de emprego de persoal de nova contratación do beneficiario nos termos indicados na norma 6, número 2, da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020.

ii. Custos de material, subministracións e produtos similares, que se deriven directamente do desenvolvemento do plan e que deberán estar especificados na memoria do plan de consolidación. Os custos de material de oficina e consumibles informáticos non se financiarán neste concepto.

iii. Servizos tecnolóxicos externos, entre os cales se inclúen os custos de consultaría e outros servizos destinados de maneira exclusiva ao plan de consolidación, consideradas no artigo 4.7, bloque B.b.2.

iv. Custos de adquisición de licenzas de propiedade industrial, as cales deberán ser adquiridas ou obtidas de fontes externas, a condición de que a operación se realice en condicións de plena competencia e sen elemento ningún de colusión.

7. Non se considerarán subvencionables:

a) Os bens e servizos adquiridos ou prestados por persoas, entidades ou empresas vinculadas, asociadas e/ou do mesmo grupo empresarial coa empresa beneficiaria, entendendo por tales as que respondan á definición do artigo 43.2 do Decreto 11/2009. Se empresas vinculadas, asociadas e/ou do mesmo grupo empresarial participan como entidades subcontratadas, como proveedores, prestadores de servizos ou dalgunha outra forma, a súa actividade non será subvencionable.

b) Os bens de equipo de segunda man, salvo os activos referidos no artigo 5.5 vii.

c) Os custos de material de oficina e consumibles informáticos.

8. No caso de que o importe do IVE non sexa recuperable, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado relativo á situación da entidade con respecto ao IVE.

Artigo 6. Financiamento

1. As subvencións imputaranse ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación á aplicación orzamentaria que se indica neste artigo, nas que existe crédito axeitado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma galega.

Eixe

OE

Beneficiarias

Aplicación orzamentaria

Ano 2022

Ano 2023

Total

3

OE 20.1.3.1 - OE REACT-UE 3.1.

Empresas pemes

06.A2.561A.770.0

2.400.000 €

600.000 €

3.000.000 €

Con todo, poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria previa declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de pemes 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, no seu caso, previa aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

A distribución de fondos establecida para cada anualidade na aplicación orzamentaria sinalada, é unha previsión que deberá axustarse tras a valoración das solicitudes de axuda, sen incrementar o crédito total.

2. As axudas da presente convocatoria financianse ao 100 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, dentro do eixe prioritario 20. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; Prioridade de investimento 13i. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; e Actuación CPSO 20.1.3.1.1 Convocatoria de axudas dirixidas a pemes para a consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans biotecnolóxicos (Programa Consolida Bio) e dentro do Obxectivo específico 20.1.3.1-OE REACT-UE 3.1. Apoio en forma de capital circulante ou de apoio ao investimento para os investimentos das pemes en sectores cun elevado potencial de creación de emprego, contribuíndo aos indicadores CO01 Número de empresas que reciben axudas, CO02 Número de empresas que reciben subvencións e CO05 Número de novas empresas beneficiarias da axuda.

Artigo 7. Intensidade das axudas e concorrencia

1. As axudas que se concedan ao amparo destas bases concederanse en forma de subvención, como unha porcentaxe do investimento subvencionable, dentro dos límites de intensidade que se indican a seguir conforme o previsto nas seccións 2 (artigos 17) e 4 (28 e 29) do capítulo III do Regulamento (UE) nº 651/2014:

Concepto subvencionable

Pequena empresa e microempresa

Mediana empresa

Innovación en materia de procesos e actividades de innovación

50 %

50 %

Investimento en activos materiais ou inmateriais e/ou adquisición de activos

20 %

10 %

2. As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación, ao amparo desta convocatoria, serán incompatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

Artigo 8. Ofertas

1. De acordo co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable, sexa igual ou superior a 40.000 € no caso de custo de execución de obras, ou igual ou superior a 15.000 € no caso de adquisición de bens de equipo e contratación de servizos ou subministracións e materiais, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que, polas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou provean.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberán presentarse na xustificación, deberá motivarse expresamente nunha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 9. Subcontratación

1. As entidades beneficiarias das axudas poderán subcontratar as actuacións subvencionadas ata unha porcentaxe máxima do 50 % do orzamento subvencionable da liña B recollida no artigo 5.6 da presente resolución. A subcontratación deberá estar debidamente xustificada e motivada na memoria técnica.

Deberán entregarse 3 ofertas de diferentes provedores nos casos contemplados no artigo 8 anterior.

2. Será obrigatoria a subscrición dun contrato entre a entidade beneficiaria e a entidade subcontratista, que poderá condicionarse a resultar beneficiario da subvención. Este contrato deberá recoller, como mínimo, os seguintes aspectos: obxectivos do contrato, descrición das actividades, data inicio e duración total, identificación dos investigadores participantes, orzamento total e desagregación por anualidades, así como o acordo sobre a propiedade dos resultados. No contrato deberanse detallar as persoas que participan no plan, unha descrición específica das actividades realizadas por cada unha delas no mesmo e a porcentaxe de dedicación ao plan. Todos estes aspectos serán revisados pola Axencia Galega de Innovación.

Cando a actividade concertada con terceiros exceda do 20 % do importe da subvención e devandito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se subscriba por escrito.

b) Que a súa subscrición a autorice previamente a entidade concedente da subvención na forma que se determine nas bases reguladoras.

Este contrato deberá ser autorizado pola Axencia Galega de Innovación. En caso de aprobación do plan, este contrato entenderase autorizado pola Axencia desde a data de inicio da súa execución, sempre que esta sexa posterior á de entrega da solicitude do plan.

3. En ningún caso a entidade beneficiaria poderá subcontratar con:

a. Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións que se recollen no artigo 10 da Lei 9/2007.

b. Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

c. Intermediarios ou asesores nos que os pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo total da operación, agás que devandito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d. Persoas ou entidades solicitantes da axuda na mesma convocatoria e programa que non obtivesen a subvención por non reunir os requisitos ou non alcanzar a valoración suficiente.

e. Persoas ou entidades en que concorran algunhas das circunstancias detalladas no artigo 43.2 do Decreto 11/2009. Se empresas vinculadas, asociadas e/ou do mesmo grupo empresarial participan como entidades subcontratadas, como proveedores, prestadores de servizos ou dalgunha outra forma, a súa actividade non será subvencionable.

Artigo 10. Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se entregan son certos e acepta as condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.

c) Declaración responsable de que non está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións.

d) Declaración responsable de que non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

f) Declaración responsable de que desenvolverán en Galicia as actividades para as que se solicita a axuda.

g) Declaración responsable de que o solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.

h) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do plan para o cal solicita a axuda.

i) Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

j) Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013).

k) Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obrigación de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

l) Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación.

m) Declaración responsable de non consideración de empresa en crise ou con orde de recuperación pendente. Con todo, a Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se fose necesario, os documentos oportunos.

n) Declaración responsable de que non está incursa nun procedemento de concurso de acredores.

o) Declaración responsable de que non recibiu axudas de salvamento nin de reestruturación.

p) Declaración responsable de que, no seu caso, concederase unha licenza non exclusiva en condicións de mercado non discriminatorias a terceiros no Espazo Económico Europeo respecto dos desenvolvementos obtidos no plan subvencionado.

q) Declaración responsable de que o plan non se iniciou antes da data de solicitude da axuda.

s) Declaración responsable de que as empresas que poidan exercer unha influencia decisiva neles, por exemplo, en calidade de accionistas ou membros, non gozarán de acceso preferente aos resultados que xere.

Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas nas devanditas declaracións no momento en que se produza.

3. El prazo de presentación de solicitudes será dun mes para contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 11. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación complementaria.

Documentación económico-administrativa:

a) Declaración responsable relativa á condición de peme (anexo III).

No caso de pemes vinculadas, asociadas ou participadas de acordo cos criterios establecidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, deberanse achegar os anexos III-A, anexo III-A.1, III-B ou anexo III-B.1 segundo corresponda.

Tamén, como documentación complementaria deberase achegar para cada unha das empresas vinculadas ou asociadas a documentación dos apartados b), c) e d) deste artigo.

b) Copia da escritura de constitución da entidade e as súas modificacións posteriores.

c) Poder de representación bastanteado, de ser o caso.

d) Declaración completa do imposto de sociedades do último exercicio pechado, modelo 200 da Axencia Tributaria Estatal.

e) Contrato/s subscrito/s de subcontratación debidamente asinado/s, no caso en que sexa necesario.

Documentación técnica (anexo II: guía para a realización da memoria e do orzamento do plan).

a) Memoria técnica do plan de consolidación proposto.

b) Orzamento detallado do plan de consolidación.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario entregar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a corrección.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no apartado anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa solicitante.

c) NIF da entidade representante.

d) DNI/NIE da persoa representante que asine a solicitude.

e) Certificado de estar ao día nas obrigacións tributarias coa AEAT.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Tesourería Xeral da Seguridade Social.

h) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i) Concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán indicalo na casa correspondente habilitada no formulario e achegar os devanditos documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 13. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta ao dispor da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 15. Información ás persoas interesadas

1. Sobre as diferentes liñas de axuda desta convocatoria poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal, na súa epígrafe de axudas.

b) No teléfono 981 95 70 08 da devandita Axencia.

c) No enderezo electrónico servizos.gain@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na Guía de procedementos e servizos administrativos, no enderezo:

http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

4. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 16. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigacións de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a fornecer á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigacións previstas no título I da citada lei.

Artigo 17. Instrución do procedemento e tramitación

1. A Área de Servizos será a competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións, sendo competencia da Dirección da Axencia Galega de Innovación ditar as resolucións de outorgamento das devanditas axudas.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou información previstas nas bases, requirirase á persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achega os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido na súa petición e arquivarase o expediente, previa a correspondente resolución.

3. A documentación requirida presentarase electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015.

4. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que proporcione cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento e para o seguimento e avaliación da RIS3 Galicia, da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía 2021-2025 e da Estratexia Next Generation Galicia na que se enmarcan estas axudas.

5. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do referido Regulamento (UE) nº 651/2014 antes de emitir informe favorable á concesión.

6. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á Comisión de Selección.

7. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación quedarán ao dispor do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de denegación, na que se indicarán as causas desta.

8. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, serán causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 18. Comisión de Selección

1. A Comisión de Selección será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes e estará composto por:

a) Un/unha director/a de Área da Axencia Galega de Innovación, ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente.

b) Un/unha xefe/a de departamento da Axencia Galega de Innovación ou persoa en quen delegue.

c) Dous empregados públicos da Axencia Galega de Innovación, actuando un deles como secretario, con voz e sen voto.

2. A comisión realizará a selección de acordo co informe de avaliación realizado para cada solicitude, conforme os criterios de valoración establecidos no artigo seguinte.

a) En primeiro lugar seleccionaranse as solicitudes, por orde decrecente de puntuación, ata un máximo dun plan de consolidación por categoría de subsector prioritario da biotecnoloxía de Galicia recollida so artigo 2.14.

b) Unha vez realizada esta selección inicial, e a condición de que exista crédito orzamentario dispoñible, seleccionaranse por orde decrecente de puntuación.

c) No caso de que non se solicitaran plans de consolidación para algún ou varios dos subsectores recolleitos no artigo 2.8 ou se presentaron pero non alcancen o umbral mínimo de puntuación establecido no artigo 17 procederase conforme as alíneas a) e b) precedentes.

Propoñerase a concesión das solicitudes por orde decrecente de valoración ata esgotar os créditos dispoñibles, quedando, no seu caso, como suplentes aquelas para as cales non se dispón de crédito suficiente, pero que alcanzaron unha puntuación igual ou superior á puntuación mínima requirida.

3. A Comisión de Selección emitirá un informe final no que figurarán, de maneira individualizada, as solicitudes propostas para obter a subvención, especificándose a avaliación que lles corresponde. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada unha delas sen superar o crédito dispoñible.

Artigo 19. Criterios de valoración

1. A avaliación de cada solicitude que reúna os requisitos exixidos nesta convocatoria será realizada por xestores/as técnicos/as da Axencia Galega de Innovación, que poderán contar co apoio de persoal experto externo.

Nos criterios de avaliación valorarase que os plans de consolidación, na medida do posible, enfóquense cara o crecemento e a comercialización, identificando unha demanda específica ou oportunidade do mercado. Así como avanzar tecnoloxicamente as novas tecnoloxías e as súas aplicacións cara a aplicacións prácticas e de mercado. Do mesmo xeito, terase en conta a valorización de patentes, e outra forma de propiedade industrial baseados en aplicación da biotecnoloxía con clara aplicación comercial.

Na capacidade de xestión do equipo emprendedor involucrado no desenvolvemento empresarial, e valorarán a competencia e a formación e experiencia profesional previas en relación ao plan. Tamén se terá en conta o grao de compromiso e a dedicación do equipo técnico e xestor co plan empresarial e a capacidade de relación. Tamén se valorará a vinculación do equipo con redes e contornas de apoio ao emprendemento.

Tomarase en conta a claridade no concepto do plan da visión do negocio a futuro, coñecemento do mercado potencial e oferta do produto, así como a factibilidade da transferencia, asimilación e adopción dos resultados, xeración de propiedade intelectual, e a madurez na estratexia de propiedade intelectual, que garanta a súa aceptación e permanencia ao nicho ao que se dirixe.

Por último, a solidez económico-financeira e compromiso do solicitante para cubrir as necesidades do plan valorarase en base ás achegas de autofinanciamento e as evidencias para alcanzar os compromisos comerciais e integración de novas fontes de capital durante o desenvolvemento do plan.

A valoración de cada plan presentado que reúna os requisitos exixidos nesta convocatoria realizarase sobre un total de 100 puntos, que se outorgarán atendendo á súa excelencia, ña súa proposta de implementación e ao seu potencial impacto, segundo os seguintes criterios de valoración. Para que unha solicitude sexa elexible deberá ter unha nota final igual ou superior a 55 puntos, respectando as notas mínimas exixidas nos limiares.

missing image file

Artigo 20. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución en cada unha das liñas desta convocatoria, poñerase de manifesto ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas pola persoa interesada.

Artigo 21. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución e o informe emitido pola Comisión de Selección á directora da Axencia Galega de Innovación para ditar a resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada.

Na proposta de resolución figurarán de maneira individualizada as solicitudes propostas para obter a subvención e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos nestas bases reguladoras. Indicarase, así mesmo, o importe da subvención para cada unha delas.

2. Á vista da proposta formulada e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, ao non ser tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polas persoas interesadas, a directora da Axencia Galega de Innovación ditará as correspondentes resolucións definitivas de concesión ou denegación, que serán motivadas de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. As resolucións expresarán, polo menos:

a. A relación de entidades beneficiarias da axuda.

b. O importe global da axuda para cada entidade e a desagregación do devandito importe por anualidades.

c. A lista de solicitudes denegadas, xunto coa súa causa de denegación.

d. A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En todo caso, deberá notificarse a cada beneficiario un documento no que deberán figurar, como mínimo, a identificación do beneficiario, a contía da subvención e obrigacións que correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

5. A aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no punto 1 do anexo XII e o artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013:

https://www.fondoseuropeos.hacienda.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/loFeder1420/Paginas/inicio.aspx

6. No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor no que conste que da información que ten no seu poder se desprende que os beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

7. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao amparo desta convocatoria será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de solicitudes. De non mediar resolución expresa no devandito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

8. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Con todo, a notificación individual de concesión da axuda poderase acompañar tamén coa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://gain.xunta.gal, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 22. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e forma que se determinen nas resolucións de concesión, debendo obter a previa autorización da Axencia Galega de Innovación para realizar cambios no plan.

2. Cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano concedente.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario se se cumpren os seguintes requisitos:

a. Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b. Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, aos seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, á determinación do beneficiario, nin dan dereitos de terceiros.

c. Que as modificacións obedezan a causas sobrevindas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de concorrer na concesión inicial, non poderían supoñer a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, teñan lugar con posterioridade a ela.

Permitiranse, sen necesidade de autorización previa polo órgano concedente, minoracións que non superen o 20 % dos conceptos subvencionables de axuda que figuren na resolución de concesión, sempre que se compensen con diminucións doutros, non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto e non se superen as porcentaxes máximas establecidas por concepto subvencionable. O beneficiario deberá acreditar debidamente o cambio na documentación de xustificación presentada.

4. A solicitude de modificación debe ser formulada polo representante legal da entidade beneficiaria, expresando os motivos dos cambios que se propoñen e xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

Salvo naqueles supostos nos que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude de modificación.

5. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola directora da Axencia Galega de Innovación, previa instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao interesado. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa, notificándollo ao interesado.

6. Para efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades concedidas, cun límite do vinte por cento do custo concedido para cada anualidade, variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzada. Esta redistribución deberá ser solicitada antes do 1 de setembro de 2022. Na anualidade 2023 esta redistribución non poderá solicitarse.

Artigo 23. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da devandita norma.

Artigo 24. Réxime de recursos

1. Contra as resolucións ditadas ao amparo desta convocatoria, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución ante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015.

2. Contra as resolucións de reintegro, que poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa. Se o acto non fose expreso, o solicitante e outras posibles persoas interesadas poderán interpoñer o recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzcan os efectos do silencio administrativo. Todo iso segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

Artigo 25. Obrigacións dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigacións establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

1. Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e acreditalo ante o órgano concedente, así como ao cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento no cal se establecen as condicións da axuda.

2. Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nestas bases e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e goce da subvención.

3. Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

4. Fornecer á Administración, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

5. Cumprir a normativa aplicable ao Feder, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 e ao Regulamento (UE) nº 1301/2013, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

6. Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, ás comprobacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello e, no seu caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

7. Comunicar á Axencia Galega de Innovación a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

8. Desenvolver as actividades financiadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

9. Destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens inscribibles nun rexistro público. En caso de bens inscribibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida. Isto debe ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipos que queden obsoletos, dentro do prazo indicado, debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre que a actividade económica se mantéña en Galicia durante ese período.

10. Manter o investimento durante un prazo mínimo de tres anos desde o pagamento final ás entidades beneficiarias en cumprimento do disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Establécese unha obrigación de tres anos, sen prexuízo da obrigación de mantemento do investimento de cinco anos para os bens inscribibles nun rexistro público exixida polo artigo 29.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

11. Para a contratación do persoal financiado en base a esta orde de axudas, a entidade beneficiaria debe cumprir o seguinte:

• Unha vez recibida a notificación da resolución de concesión, procederá á contratación do persoal concedido no prazo e nos termos establecidos na devandita resolución.

• As entidades darán de alta na Seguridade Social as persoas contratadas nun código de conta de cotización que corresponda de acordo con estas bases.

• Os contratos de traballo subscritos deberán comunicarse á oficina de emprego correspondente, necesariamente a través do aplicativo CONTRAT@, excepto no caso de entidades de menos de cinco traballadores, que poderán facelo a través deste aplicativo ou ben por escrito.

• Nos contratos deberán figurar expresamente as mencións á confinanciación con fondos Feder conforme o punto 14 letra d) deste artigo.

• As contratacións que incumpran calquera destes requisitos non poderán ser incentivadas e, se é o caso, darán lugar á perda do dereito á cobranza ou reintegro das axudas de conformidade co disposto nos artigos 30 e 31 desta resolución.

12. Solicitar á Axencia Galega de Innovación autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas a autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

13. Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na páxina web e mantela actualizada. Na páxina web deberán figurar, como mínimo, os obxectivos e os principais avances. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Axencia Galega de Innovación e a frase «Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación», así como cofinanciado con cargo aos fondos Feder. Así mesmo, deberá informarse de que foi apoiado pola Xunta de Galicia.

As instrucións detalladas relativas ás obrigacións de publicidade da axuda estarán a disposición na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), na súa epígrafe de axudas.

14. Realizar un evento de difusión á finalización do plan para expoñer os resultados non suxeitos a confidencialidade, así como outras accións de comunicación. Sempre deberá poñerse de manifesto o apoio do Feder e da Xunta de Galicia.

15. Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e atendendo ao sinalado no capítulo II do Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013, o beneficiario deberá, durante a realización da operación:

a. Recoñecer o apoio do Feder á operación mostrando en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo o emblema da Unión, así como referencias á Unión Europea, ao Fondo Feder e unha mención a que a operación está financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19. Tamén se incluirá o lema «Unha maneira de facer Europa».

b. Informar o público do apoio obtido do Feder durante a realización do plan facendo unha breve descrición na páxina web da entidade beneficiaria, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión. Cando se mencione o Fondo Feder completarase cunha referencia relativa a que se financia como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.

c. Colocar durante a execución do plan nun lugar visible un cartel informativo, de tamaño A3, para informar o público do apoio obtido. Este cartel informativo indicará o nome e o obxectivo principal da operación, e elaborarase de acordo coas características técnicas adoptadas pola Comisión no Regulamento de execución (UE) nº 821/2014, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1302/2013. Pode ademais consultarse a Guía de comunicación do PO Feder Galicia 2014-2020 no seguinte enderezo:

http://www.fondoseuropeos.gal/documents/12405111/20497915/GuiaComunicacion_1420_20170208/0f6734e4-f571-4e6e-bb47-003c30dd21db

d. Para o persoal de nova contratación, farase mención expresa no contrato ao cofinanciamento Feder no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19 e a presente convocatoria.

16. Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao amparo desta resolución.

17. Conservar os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un período de 3 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas anuais en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013).

O órgano concedente informará o beneficiario da data de inicio a que se refire esta obrigación.

18. Facilitar cantos datos resulten necesarios para a avaliación do instrumento no marco da avaliación da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía 2021-2025 e da Estratexia Next Generation Galicia ou outros instrumentos relacionados coa medición da innovación. Este seguimento estará baseado na compilación de información acerca dos resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias, así como o seu nivel de satisfacción co apoio recibido. Para tales efectos, e por indicación da Axencia Galega de Innovación, durante a execución e á finalización da axuda (ex-post), os beneficiarios deberán proporcionar información relativa a unha serie de indicadores, entre os que se incluirán indicadores xerais e específicos de I+D+i e os de produtividade do plan.

19. Asistir a unha xornada formativa impartida pola Axencia Galega de Innovación sobre as obrigacións desta axuda e outros aspectos relacionados cos obxectivos da axencia, para o que será convocado expresamente con antelación. Á devandita xornada deberá acudir, como mínimo, unha persoa pertencente ao persoal do beneficiario vinculada ás tarefas de innovación.

20. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiadas total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer devanditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto:

https://www.conselleriadefacenda.gal/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

21. Calquera outra obrigación imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento no que se establecen as condicións da axuda.

Artigo 26. Xustificación da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención utilizando os formularios dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal

2. Prazos de xustificación:

Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados

Prazos de presentación da documentación

Primeira anualidade

Desde data de solicitude ata o 30 de novembro de 2022

Ata o 12 de decembro de 2022

Segunda anualidade

Desde o 1 de decembro de 2022 ata o 30 de abril de 2023

Ata o 15 de maio de 2023

Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes seguinte en que ao beneficiario lle corresponde liquidar eses gastos.

3. Debe presentarse a documentación económica xustificativa do custo das actividades e a documentación técnica.

As instrucións detalladas e os formularios correspondentes para a presentación da documentación xustificativa estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), sendo preciso presentar a documentación de maneira ordenada seguindo a estrutura establecida nas instrucións.

4. Sen prexuízo da documentación indicada nos artigos seguintes, poderá requirirse que se acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

5. Se transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención a entidade non presenta a documentación pertinente segundo o indicado, a Axencia Galega de Innovación requiriráa para que no prazo improrrogable de dez días a presente, advertíndolle que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de recibir cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

Artigo 27. Documentación xustificativa económica

1. Resumo global de execución do plan de consolidación e a documentación que se detalle nos apartados seguintes. Os modelos documentais que se deberán empregar estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal:

a. Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade e custos.

Deberá achegarse unha copia da resolución da concesión desoutras axudas concedidas para a mesma finalidade e custos, de ser o caso.

b. Certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia, conforme os beneficiarios están ao día das súas obrigacións tributarias, no caso de que se opoñan á súa consulta por parte do órgano xestor.

c. Un resumo da execución do plan no que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por conceptos de gasto.

d. No seu caso, indicación por concepto subvencionable das cantidades inicialmente orzadas e as súas desviacións de forma xustificada.

e. Documentación xustificativa do investimento: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007, e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia dos documentos orixinais en papel.

f. Documentación xustificativa do pagamento: os pagamentos xustificaranse con copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias, extractos bancarios ou documentos obtidos a través da banca electrónica. En ningún caso admitiranse os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

Debe terse en conta que, no seu caso, non deberán achegarse as facturas acreditativas dos custos realizados con anterioridade á data de elixibilidade do gasto, dado que non son financiables.

Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número e a satisfacción do importe total da factura de maneira íntegra, así como o concepto ao que se refiren. No caso en que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento.

No caso en que un xustificante de pago inclúa varias facturas, achegarase unha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas devanditas facturas. No caso de facturas pagas conxuntamente con outras non referidas ao plan, será necesario achegar o correspondente extracto bancario acompañado da orde de pagamento da entidade coa relación detallada das facturas.

En ningún caso se admitiran pagamentos xustificados mediante recibos do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

Non serán subvencionables partes de gastos que non estean íntegra e correctamente xustificados conforme o establecido nos parágrafos anteriores.

g. Para a xustificación do custo de adquisición de terreos, obra civil e adquisición de inmobles deberá achegarse:

• Escritura pública, que terá que facer constar que o ben se destinará ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención e o importe da subvención concedida. Estos aspectos deben inscribirse no rexistro público correspondente, de acordo co establecido no artigo 29.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

• En caso da adquisición de activos de segunda man:

1) Identificación da titularidade do propietario do establecemento a quen se lle adquiren os bens e declaración de si existe vinculación co/coa solicitante.

2) Informe de tasación de técnico/a independente sobre os activos.

3) Certificación do/da propietario/a do establecemento sobre se os activos foron obxecto dalgunha axuda pública.

• Licencia municipal de obra en caso de plans de consolidación subvencionados que incluían obra civil. No caso de obras acollidas ao sistema de comunicación previa segundo o previsto no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (en diante, Lei 9/2013), deberá acompañarse dun certificado emitido polo Concello indicando que dita comunicación é eficaz.

• Comunicación previa do inicio de la actividade ou da apertura do establecemento segundo o previsto no artigo 24 de la Lei 9/2013, no caso de plans de creación dun novo establecemento ou de inicio dunha nova actividade.

• No de investimentos en obra civil deberán achegar os seguintes planos:

i) Localización dentro do termo municipal.

ii) Plano xeral acoutado das instalacións, diferenciando a situación anterior da posterior ao investimento nos que deberá poder verificarse a superficie correspondente á obra civil.

iii) Planos de distribución en planta, nos que se aprecien os espazos de nova construción e a instalación dos novos bens de equipo.

• No caso de adquisición de edificacións ou construcións usadas deberán achegar:

i) Declaración do vendedor sobre que a edificación ou construción non foi obxecto de ningún tipo de subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

ii) Taxación de experto independente que certifique o valor de mercado dos bens que se van adquirir e que este é inferior ao custo de bens novos similares.

• No caso de adquisición de edificacións ou construcións novas, deberá aportarse taxación de experto independente que certifique o valor de mercado dos bens que se van adquirir.

h. Para a xustificación do investimento produtivo:

i. Documentos acreditativos dos investimentos, consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. Deberán conter información suficientemente detallada, que permita relacionar as facturas cos conceptos de gastos subvencionables especificados na resolución de concesión. Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas, deberá achegarse unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel.

ii. Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

• Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria no que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados: a) o receptor do pagamento, que debe coincidir co emisor da factura; b) o emisor do pagamento, que debe coincidir co solicitante da axuda e c) o importe da factura. En ningún caso se admitiran os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo nos que conste o cambio empregado.

• Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolución posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

A Axencia Galega de Innovación poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

iii. O beneficiario tamén deberá cubrir na ficha resumo de facturas do formulario electrónico de xustificación os seguintes datos relativos á contabilidade, nos que se reflictan os custos subvencionados, para acreditar a obrigación establecida no artigo 25.16 número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

iv. O beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa polos mesmos medios que os establecidos no artigo 11 para a presentación da documentación complementaria á solicitude.

v. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. A Axencia Galega de Innovación poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo coa copia presentada.

i. No caso de bens de equipo de segunda man, declaración asinada polo representante legal de cada entidade na que se detalle que o equipamento e material instrumental imputado á subvención non foi adquirido con fondos ou axudas públicas, conforme punto 9 do título II da Orden HFP/1979/2016, do 29 de decembro (BOE núm. 315, do 30 de decembro).

j. Para a xustificación do custo de persoal de nova contratación destinado ao plan deberá achegarse:

• Copias dos contratos de traballo subscritos co persoal subvencionado no que se poida verificar a contratación para o desenvolvemento de actividades do plan, conforme os requisitos desta convocatoria.

• Copia da vida laboral ampliada do persoal subvencionado actualizada á data de xustificación.

• Xustificación da comunicación por escrito ao traballador que parte do seu salario está a ser cofinanciado con fondos Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

• Certificación dos custos de persoal emitida polo responsable de recursos humanos co visto e prace do representante legal da empresa, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado ás actividades do plan, que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome, apelidos, posto na entidade, retribución bruta e líquida mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo ao organismo de investigación/empresa, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado (retribucións e seguridade social) segundo a dedicación de cada traballador ás actividades do plan.

• Informe de cotizacións individual de cada traballador (IDC).

• Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao plan subvencionado asinadas por cada traballador/a e a persoa responsable da entidade. Estas follas acompañaranse dun resumo onde conste o número total de horas efectivamente dedicadas ao programa no período subvencionable (total de meses e de traballadores).

• Declaración asinada polo responsable de recursos humanos cos importes mensuais de retencións do IRPF dos traballadores dedicados ás actividades do plan, acompañada dos modelos 111 e dos seus correspondentes xustificantes bancarios. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe considerarase xustificado coa presentación da citada declaración quedando as entidades obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación no prazo establecido no artigo 26.2 desta convocatoria.

• Copias das nóminas do persoal dedicado ás actividades do plan de innovación e copias dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores, así como as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a listaxe da orde de transferencia en que se detallen os distintos traballadores incluídos, que deberá estar selada pola entidade bancaria.

• Boletíns de cotización á Seguridade Social e os seus xustificantes de pago. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, as entidades quedarán obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación no prazo establecido no artigo 26.2 desta convocatoria.

• Informe de vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social para cada un dos traballadores.

• No seu caso, certificado acreditativo do grao de discapacidade do persoal contratado.

2. Cando o importe do gasto subvencionable, sexa igual ou superior a 40.000 € no caso de custo de execución de obras, ou igual ou superior a 15.000 € no caso de adquisición de bens de equipo e contratación de servizos ou subministracións e materiais, o beneficiario deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso da prestación de servizo ou entrega do ben, salvo que polas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os realicen, presten ou fornezan, ou salvo que o gasto fose realizado con anterioridade á solicitude da subvención. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán presentarse na xustificación, deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Non será preceptiva a presentación das tres ofertas cando o gasto fose realizado con anterioridade á presentación da solicitude da axuda (para as pemes recollidas no artigo 4 da presente orde).

3. En caso da/das subcontratacións, deberá achegarse a seguinte documentación:

a. Copia da/das factura/s emitida/s pola entidade subcontratada ao beneficiario en que se especifique claramente o título do plan financiado e o contido das actividades do plan financiadas.

b. Xustificante de pago da/das factura/s da subcontratación.

c. Memoria realizada polo subcontratista das súas actividades no plan, na que se debe incluír unha relación das persoas que participaron no plan, unha descrición específica das actividades realizadas por cada unha delas nel e a súa porcentaxe de dedicación ao plan.

4. Debido ás dificultades coas que se están atopando nos rexistros da Xunta de Galicia para poder autenticar grandes volumes de documentación nos prazos exixidos dados os medios materiais e persoais de que dispoñen, será suficiente que nos prazos establecidos polas bases reguladoras se presenten a través da sede electrónica toda a documentación exixida, acompañada dunha declaración responsable sobre a súa autenticidade, sen prexuízo de que posteriormente se requira aquela documentación que non estea autenticada.

Artigo 28. Documentación xustificativa técnica

1. A documentación xustificativa técnica das actividades desenvoltas constará de documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio que xustifique o cumprimento das obrigacións de publicidade previstas nesta convocatoria, de conformidade co Regulamento (UE) nº 1303/2013 e o Regulamento de execución (UE) nº 821/2014.

2. Informe técnico normalizado, segundo o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación, de máximo 50 páxinas, na que deberá incluírse a xustificación do cumprimento das normas de publicidade do artigo 27.

O informe técnico deberá presentarse en formato PDF polos medios electrónicos do rexistro da Xunta de Galicia.

3. Acreditación de cumprir coa normativa ambiental. No caso de que o proxecto incluído no plan de consolidación responda á definición do artigo 5.3.b) da Lei 21/2013, de avaliación de impacto ambiental (AIA), e estea incluído nalgún dos supostos de avaliación de impacto ambiental (AIA) contemplados no artigo 7 da citada lei, deberá aportarse a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto favorable á súa execución ou o informe de impacto ambiental favorable do proxecto, segundo se trate de avaliación de impacto ambiental ordinaria ou simplificada respectivamente.

Artigo 29. Pagamento

1. O pagamento farase efectivo, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución do plan.

2. Por resolución motivada da Axencia Galega de Innovación e previa solicitude motivada da entidade beneficiaria, poderán autorizarse pagamentos anticipados de la subvención total concedida en aqueles supostos en que a inversión exixa pagamentos inmediatos de acordo co artículo 63 do Decreto 11/2009. Estos anticipos non poderán superar o importe da subvención prevista para cada anualidade.

a) Anualidade 2022: poderá solicitarse o anticipo de ata o 60 % do importe concedido para esta anualidade previa solicitude expresa para o efecto.

A entidade beneficiaria que queira solicitar o anticipo deberá presentar a solicitude, no modelo que estará á súa disposición na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal) e na que se incluirá unha declaración responsable de iniciar as actividades do plan, así como do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte á publicación da resolución de concesión.

b) Anualidade 2023: poderá anticiparse como máximo ata o 60 % do importe da subvención concedida esta anualidade sempre que, conxuntamente cos pagamentos anticipados e a conta realizados ata ese momento, non se supere o 80 % da porcentaxe subvencionada corresponden aos pagamentos xustificados.

No caso de que a xustificación da anualidade anterior sexa insuficiente e de lugar a unha minoración da subvención, o importe minorado detraerase do importe desta anualidade.

3. O importe conxunto dos pagamentos parciais, a conta e dos pagamentos anticipados non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

4. Para a realización de pagamentos anticipados, a entidade beneficiaria deberá presentar solicitude motivada. O anticipo solicitado no poderá superar o importe da anualidade correspondente.

5. A concesión dos anticipos quedará condicionada ao cumprimento, por parte do beneficiario, dos requisitos establecidos no artigo artigo 31 da Lei 9/2007.

6. Finalizado o plan de consolidación, a Axencia Galega de Innovación comprobará, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, a xustificación adecuada da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención, e é obrigatoria a realización dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación a todos as entidades beneficiarias. Tras esta visita, efectuarase unha avaliación do plan presentado e valorado na solicitude, e emitirase un informe en que se indique o grao de cumprimento e se foi:

a. Excelente.

b. Positivo.

c. Negativo se non se conseguen as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do plan inicial por un baixo desempeño ou deficiente organización.

Se pola situación excepcional creada pola epidemia da COVID-19 non é oportuno realizar a inspección in situ, transitoriamente poderá substituírse pola entrega de xustificación documental en que se constate, de forma razoable e suficiente, a realización da actividade subvencionada, e no caso de activos tanxibles polo envío de materiais fotográficos por parte do beneficiario, de modo que se poida comprobar o correcto funcionamento destes e as súas características, número de serie e o cumprimento dos requisitos de publicidade da normativa Feder, sen prexuízo de que posteriormente, cando sexa posible, efectúese dita inspección».

Artigo 30. Garantías

No caso de pagamentos a conta ou anticipos, non se precisará a presentación de garantías de acordo co disposto nos artigos 65.4 e 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 31. Perda do dereito á cobranza da subvención

1. É causa de perda do dereito á cobranza da subvención o incumprimento do beneficiario da súa obrigación de estar ao día das súas obrigacións coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito á cobranza da subvención as previstas como causas de reintegro se non se abonou a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito á cobranza da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 32. Causas de reintegro

A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da axuda. Pola contra, perderá o dereito á súa cobranza e/ou, no seu caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e aos intereses de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recolleitos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos polo beneficiario que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do plan de consolidación inicial ou da finalidade para a que a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obrigación de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigacións impostas na resolución de concesión da axuda.

d) Non manter un sistema de contabilidade separada.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigacións contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A non comunicación á Axencia Galega de Innovación da obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

g) O incumprimento da obrigación de adoptar as medidas de difusión e publicidade.

h) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 33. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do plan ou da obrigación de xustificación, será causa de perda do dereito a cobranza ou de reintegro total da subvención.

En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando non se xustifique polo menos o 60 % dos custos previstos no plan de consolidación.

2. O incumprimento parcial dos obxectivos ou a non execución de actividades concretas do plan darán lugar á perda parcial do dereito a cobranza da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes ou, no seu caso, ao reintegro parcial da subvención.

O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de practicar ou practicado indebidamente, e se minorará a subvención proporcionalmente.

O incumprimento de manter un sistema de contabilidade separada, será sancionado co reintegro dun 2 % do importe da subvención obtida.

Non manter a publicidade do financiamento do proxecto, suporá o reintegro dun 2 % da subvención concedida.

No manter os investimentos durante o período establecido, suporá o reintegro da subvención correspondente ao activo non mantido de forma proporcional ao período en que se incumprise este requisito.

3. Nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da axuda da seguinte maneira:

a) Se se incumprise a obrigación de dar publicidade do financiamento do plan, conforme o establecido nesta resolución, ou a obrigación de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo plan, aplicarase un factor de corrección do 0,95.

b) Se se incumprisen as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do plan, dando lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función deste e supoñerá a aplicación dun factor de corrección igual á porcentaxe de incumprimento sinalado no informe técnico.

4. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

5. A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, no seu caso, requirirase á entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro, nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

6. No caso das condicións que constitúan obrigacións que o beneficiario debe acreditar na fase de xustificación (obrigacións de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Artigo 34. Procedemento de reintegro

1. Se abonada parte ou a totalidade da axuda acaecesen os motivos que se indican nesta resolución, iniciarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas, e a exixencia do interese de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas e comunicarase ao beneficiario a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007, e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa.

5. Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 35. Prescrición

1. O dereito da Administración para recoñecer ou liquidar o reintegro prescribirá aos catro anos.

2. Este prazo computarase, en cada caso:

a. Desde o momento no que venceu o prazo para presentar a xustificación por parte do beneficiario.

b. Desde o momento da concesión, no suposto previsto no apartado 9 do artigo 28 da Lei 9/2007.

c. No caso de que se establecesen condicións ou obrigas que debesen ser cumpridas ou mantidas por parte do beneficiario durante un período determinado de tempo, desde o momento no que venceu devandito prazo.

3. O cómputo do prazo de prescrición interromperase:

a. Por calquera acción da Administración realizada con coñecemento formal do beneficiario que conduza a determinar a existencia dalgunha das causas de reintegro.

b. Pola interposición de recursos de calquera clase, pola remisión do tanto de culpa á xurisdición penal ou pola presentación de denuncia ante o Ministerio Fiscal, así como polas actuacións realizadas con coñecemento formal do beneficiario no curso dos devanditos recursos.

c. Por calquera actuación fidedigna do beneficiario conducente á liquidación da subvención ou do reintegro.

Artigo 36. Control

1. A Axencia Galega de Innovación poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega de Innovación, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento aos beneficiarios as visitas, as comprobacións e solicitudes de as aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida.

3. Así mesmo, no caso de axudas plurianuais, a Axencia Galega de Innovación poderá convocar anualmente aos beneficiarios a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

4. Tras a xustificación final do plan subvencionable, e previamente ao pagamento final da subvención, será obrigatorio realizar unha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación. Ademais desta actividade final de inspección, a axencia, no marco do seu plan anual de inspección, poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

5. Conforme ao sinalado no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento pola Axencia Galega de Innovación, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración como polo beneficiario.

6. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión do programa operativo Feder, así como ás verificacións do artigo 125.5 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e, no seu caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 37. Normativa aplicable

As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables por razón do cofinanciamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.

b) Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre as disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego, e polo que se deroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006.

c) Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

d) Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro, pola que se modifica a Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

e) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado, texto pertinente para os efectos do EEE, e as súas modificacións L 156/1, L 215/3, L 89/1 e L 270/39.

f) A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento, e de maneira supletoria a normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

g) Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro.

h) A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

i) Regulamento (UE) nº 2020/460 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de marzo, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013 e (UE) nº 508/2014, no relativo a medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao brote da COVID-19 (iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus).

j) Regulamento (UE) nº 2020/558 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1301/2013 e (UE) nº 1303/2013 no que respecta a medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de Investimento Europeos en resposta ao brote da COVID-19.

k) Regulamento (UE) nº 2020/2221, que establecía as normas e disposicións de execución referentes aos recursos adicionais achegados en calidade de axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE), co fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Artigo 38. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Disposición adicional. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer devanditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto:

https://www.conselleriadefacenda.gal/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase á directora da Axencia Galega de Innovación para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2022

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Guía da memoria

Memoria técnica

Entidade solicitante:

XXXXXXXXX

Programa Consolida Bio 2022

Índice da memoria

A. Plan de consolidación

A1. Modelo de negocio

A2. Mercado potencial

A3. Posición competitiva

A4. Obxectivos do Plan de consolidación

A5. Viabilidade económica e técnica

B. Impacto da proposta en Galicia

B1. Impacto no sector biotecnolóxico

B2. Impacto socioeconómico

C. Tecnoloxía e innovación do plan

C1. Estado da arte e proxección tecnolóxica a futuro

C2. Innovación e transferencia

D. Implementación do plan

D1. Plan de actuación

D2. Adecuación e xustificación do orzamento

D3. Capacidades do equipo actual

Comentarios xerais:

• A extensión máxima da memoria serán 50 páxinas, Arial 10 mínimo, interliñado sinxelo.

• Poderanse incluír en anexos as referencias bibliográficas e unha listaxe de cartas de apoio en caso de existir.

• En caso de cartas de apoio, incluiranse como outra documentación na solicitude, e nun só arquivo.

Plan de consolidación.

A1. Modelo de negocio.

Farase un breve resumo da historia da empresa con extensión máxima de 3 páxinas.

Detallarase o modelo de negocio seguindo o modelo CANVAS con detalle, sen ser exclusivo, sobre os seguintes aspectos:

• Aplicacións do produto/proceso/servizo.

• Vantaxes que comporta para o cliente ou usuario, en comparación coa oferta presente no mercado.

• Descrición dos clientes potenciais e estratexia de vendas.

• Plan de desenvolvemento internacional do mercado.

• Organización comercial.

• Estratexia de márketing.

A2. Mercado potencial.

Detallarase información concreta sobre os seguintes aspectos:

• Tamaño potencial do mercado e cota de mercado esperada.

• Cuantificar as previsións de venda, diferenciando as nacionais das internacionais.

• Barreiras potenciais de entrada e modo de superación.

A3. Posición competitiva.

Describiranse as empresas competidoras máis significativas con detalles das súas posicións en mercado, tendencia, prezos e prestacións dos seus produtos. Explicaranse as vantaxes da empresa fronte á competencia.

A4. Obxectivos do Plan de consolidación.

Detallaranse os obxectivos xerais do plan, específicos e técnicos para alcanzar os xenerais. Valorarase a súa adecuación e concreción en canto a que devanditos obxectivos sexan específicos, medibles, alcanzables, relevantes e temporais.

A5. Viabilidade económica e técnica.

Detallaranse as capacidades económicas da empresa, cuantitativa e cualitativamente, para o cofinanciamento do orzamento non subvencionado, detallando fondos propios e financiamento adicional que poida dispoñer a empresa, valorándose a achega de evidencias sobre a veracidade da mesma.

Detallarase a experiencia da empresa na execución de proxectos financiados publicamente e os resultados obtidos. Así mesmo, incluirase información de experiencia na captación de fondos de investimento ou doutra tipoloxía similar, así como en calquera iniciativa de apoio á incubación e aceleración de empresas.

Táboa de experiencia previa:

Título de proxecto

Organismo financiador

Nº de expediente

Período de execución

Mes/ano inicio-mes/ano fin

Orzamento

Da empresa solicitante

Colaboracións

Con organismos de coñecemento ou outros axentes

Resultados alcanzados

Indicar resultados concretos obtidos de índole científico-técnica (coñecemento, patentes, etc.) e comercial (por exemplo: novos produtos/servizos, procesos, facturación ou melloras a través destes, etc.)

Cubrirase a seguinte táboa:

Nos últimos 3 anos a empresa:

1. Introducido produtos ou servizos innovadores no mercado

En caso afirmativo, indicar cales e se o desenvolvemento foi da empresa individualmente, en cooperación ou adquirido o coñecemento a terceiros

2. Implementado innovacións de

proceso ou organización na empresa

En caso afirmativo, indicar cales e se o desenvolvemento foi da empresa individualmente, en cooperación ou adquirido o coñecemento a terceiros

Impacto da proposta en Galicia.

B1. Impacto no sector biotecnolóxico.

Concretaranse as contribucións do plan aos seguintes aspectos puntuais, valorando a claridade e cuantificación en termos de colaboracións e dinamización no ecosistema innovador e biotecnolóxico de Galicia:

• B1.1. Grao de hibridación sectorial conforme os sectores e prioridades da Estratexia de consolidación do sector en Galicia.

• B1.2. Grao de transferencia de coñecemento de maneira efectiva, entendida como todos os aspectos de colaboración con organismos de coñecemento pero tamén con outras empresas do sector, e actuacións dirixidas á explotación comercial do coñecemento.

• B1.3. Grao de relevancia para a rexión, onde se incluirá información do impacto directo e indirecto no ecosistema. Incluirase información sobre a participación da entidade en plataformas tecnolóxicas/hubs/agrupacións industriais e asociacións sectoriais, así como os contactos con grupos de investigación, nacionais e internacionais.

B2. Impacto socioeconómico.

Cubrirase a táboa resumen seguinte:

Datos en euros acumulados no período

2020-2021

2022-2023

2023-2026

Investimento en activos de I+D

Gasto en I+D

Gasto en innovación

Ao peche do exercicio

2021

2023

2026

Persoal a tempo completo

Contratacións previstas no plan

Nº de persoas con discapacidade

% de mulleres sobre o total

% de persoal con titulación universitaria

% de persoal en I+D+i

Explicaranse os impactos da táboa previa, para o que se terá en conta a valoración dos seguintes ámbitos:

• B2.1. Mobilización de investimento privado, cunha proxección de investimentos e gastos en I+D+i previstos a 5 anos. Valoraranse as iniciativas concretas de crecemento e captación de fondos complementarios.

• B2.2. Xeración de emprego de calidade, terase en conta o nº de contratos propostos no plan de consolidación, e as expectativas de crecemento en 5 anos, valorándose a estabilidade do persoal da entidade dedicado a tarefas de I+D+i, así como as titulacións e funcións a levar a cabo.

• B2.3. Innovación responsable valorarase a igualdade de xénero tanto no equipo actual da empresa, como nas novas contratacións previstas, especialmente se se demostra que na devandita composición do equipo ningún xénero supoña menos do 40 % do persoal nin máis do 60 %. Do mesmo xeito valorarase a contratación de persoal con discapacidade certificada superior ao 33 %. Ademais, terase en conta as achegas para o conxunto da cidadanía e a achega aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

• B2.4. Aliñamento coa RIS3 de Galicia, concretando as achegas aos retos, prioridades e cadeas de valor da mesma, así como ás súas actuacións previstas.

Tecnoloxía e innovación do plan.

C1. Estado da arte e proxección tecnolóxica a futuro.

A extensión máxima desta sección será de 6 páxinas.

Detallarase a biotecnoloxía sobre a cal se basea o modelo de negocio, contextualizando o posicionamento global a nivel científico e as tendencias futuras da devandita tecnoloxía, así como o grao de madurez. As referencias bibliográficas incluiranse nun anexo que non contará para os efectos de extensión máxima da memoria.

Indicarase a competitividade da empresa na devandita rama tecnolóxica, proposta diferencial e posicionamento en devandito estado da arte, incluído TRL. Valorarase a existencia de propiedade intelectual e industrial respecto diso.

No caso de que as etapas de investigación e desenvolvemento para alcanzar o TRL actual da empresa contasen con incentivos públicos mencionaranse.

C2. Innovación e transferencia.

Explicaranse as vantaxes e oportunidades da tecnoloxía da empresa para a sociedade e o mercado ao cal se dirixe.

Indicaranse as necesidades de maduración tecnolóxica (avances en TRL) para levar ao mercado ditas innovacións.

Detallaranse os desenvolvementos da empresa a 5 anos (ata 2026) para alcanzalo, valorándose a concreción en fitos e en prazos. En caso de oportunidades de diversificación da empresa ou a tecnoloxía, detallaranse.

Describirase o plan de xestión da propiedade intelectual ou industrial se procede.

Indicaranse os plans de participación en programas de apoio á I+D+i a nivel rexional, nacional ou internacional.

Implementación do plan.

D1. Plan de actuación.

Presentarase un cronograma de actuacións.

Detallaranse as actuacións previstas diferenciando estas segundo o tipo de actuacións subvencionables. Valorarase a adecuación destas actuacións aos obxectivos expostos no plan de consolidación.

As tarefas para incluír no plan de actuacións e cronograma serán as seguintes:

Unha única actividade de investimento onde se detallarán a necesidade das mesmas. No caso de que estean relacionadas coas actividades de desenvolvemento e innovación explicitaranse cales e a súa vinculación.

Ata un máximo de 4 actividades de desenvolvemento, innovación e actividades innovadoras. As cales se detallarán o seu alcance e planificación, así como orzamento asociado.

D2. Adecuación e xustificación do orzamento

Cubrirase a seguinte táboa:

En euros

En %

Investimentos innovadores

Gastos de innovación en procesos

Gastos en actividades de apoio á innovación

Totais

100 %

Para cada un dos custos subvencionables detallaranse os mesmos para comprender a súa función, método de cálculo e a súa relación coas actividades previstas.

No caso de bens amortizables cubrirase a seguinte táboa:

Activo

Importe total (€)

Data de compra

Amortización anual

% de dedicación ao plan

Meses de imputación ao plan

Amortización imputable ao plan (€)

Para o caso de persoal de nova contratación indicaranse os seguintes datos na táboa:

Posto de traballo

Titulación prevista

Mes previsto de contratación

Salario bruto + seguridade social

Grupo de cotización

Tipo de contratación (indefinido/
temporal)

Muller

(si/non)

Discapacidade (si/non)

Para o caso de subcontratacións, describiranse as tarefas de maneira resumida e identificarase a entidade se é posible, especificando se se trata dun organismo de investigación e as súas capacidades/tecnoloxías para o desenvolvemento do plan.

D3. Capacidades do equipo actual.

Presentarase ao equipo promotor do plan de consolidación segundo a táboa inferior, cinguíndose aos máis relevantes para o plan de consolidación presentado.

Ademais incluirase un organigrama actual da empresa e o previsto en 2026.

Táboa de persoal (para cubrir por cada persoa):

Nome e apelidos

Idade

Cargo e funcións principais

Funcións no plan

Dedicación á empresa

Porcentualmente

Formación

Ordenada de maior a menor nivel educativo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file