Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 3 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación industrial no concello de Rois.

Mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de febreiro de 2022 (publicado no DOG núm. 59, do 25 de marzo), aprobouse definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Campus Tecnolóxico Cortizo, que se implantará nos concellos de Padrón e Rois, e declarouse a súa utilidade pública para os efectos expropiatorios.

A mercantil Aluminios Cortizo, S.A.U., con enderezo no lugar de Estramundi, s/n, 15910 Padrón (A Coruña), como entidade beneficiaria, solicitou o inicio do procedemento expropiatorio polo trámite de urxencia que regula o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, así como o sinalamento de data para o acto de levantamento das actas previas á ocupación.

Esta xefatura territorial, de conformidade co artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 14 de xuño de 2022 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables, contidos na relación de predios que se exporá xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Rois, deducida da que de forma definitiva se publicou no DOG núm. 59, do 25 de marzo de 2022, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre o predio proposto como afectado, ás cales se lles efectuará notificación individual e se lles sinalará o horario de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 3 de maio de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña