Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29818

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria das bases de varios procesos selectivos.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña nº 249, do 31.12.2021; nº 29, do 11.2.2022 e nº 51, do 16.3.2022, publicáronse as bases aprobadas mediante resolución da Concellaría Delegada de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28.12.2021, e as súas respectivas correccións, relativas ás seguintes convocatorias:

– 22 prazas de auxiliar administrativo/a (subgrupo C2), CE 5/20.

– 8 prazas de técnico/a da Administración xeral (subgrupo A1), promoción interna, CE 6/21.

– 6 prazas de técnico/a medio/a de xestión (subgrupo A2), promoción interna, CE 7/21.

– 2 prazas de técnico/a auxiliar de bibliotecas (subgrupo C1), promoción interna, CE 8/17.

– 12 prazas de traballador/a social (subgrupo A2), CE 4/21.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 20 de abril de 2022

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior