Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Entrimo

ANUNCIO da aprobación da oferta extraordinaria de emprego público 2022 para a estabilización de emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello do 10 de maio de 2022 aprobouse a oferta extraordinaria de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a seguir se relacionan:

– Disposición adicional sexta da Lei 20/2021:

Persoal laboral fixo a xornada completa:

Grupo de clasificación

Categoría laboral

Vacantes

Denominación

Sistema de acceso

I

Titulado superior

1

Axente de emprego e desenvolvemento local

Concurso

V

Auxiliar

6

Auxiliar de axuda a domicilio

Concurso

V

Limpador

1

Encargado limpeza

Concurso

Publícase en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Entrimo, 12 de maio de 2022

Ramón Alonso López
Alcalde