Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29821

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da corporación municipal do concello de Moaña, en sesión plenaria que tivo lugar o día 31 de marzo de 2022, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Moaña que deriva da execución da Sentenza número 535/2013, do 27 de xuño de 2013, recaída no P.O. 4022/2012, da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se anula parcialmente a aprobación definitiva do PXOM de Moaña.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 191 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

O expediente estará exposto ao publico polo prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e mediante anuncio nun dos xornais de maior difusión na provincia.

As persoas interesadas poderán examinar os documentos sometidos a información pública, durante o prazo establecido, no Portal de Transparencia do Concello de Moaña (Indicador 6.1 PLANEAMENTO URBANÍSTICO) e no taboleiro de anuncios, aos cales se accede a través da sede electrónica do concello de Moaña (https://concellodemoana.sedelectronica.gal/), a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na letra e) do artigo 7 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e presentar alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas.

O expediente comporta a suspensión, durante un prazo máximo de dous anos, do procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado pola modificación puntual, que poidan resultar incompatibles coas súas determinacións nos termos previstos no artigo 47.2 LSG-artigo 86.2 RLSG, e que se define no documento de síntese da modificación do redactor e no plano de ordenación 36029_MP01PXOM_202112_AI_PORD_03 ORD02 incluídos no expediente.

Moaña, 27 de abril de 2022

Leticia Santos Paz
Alcaldesa