Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29828

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO da convocatoria para cubrir dúas prazas de operarios de brigada de obras, servizos múltiples, persoal laboral fixo, incluída na oferta de emprego público para o ano 2022.

Por Resolución de Alcaldía do Concello de Taboada de data 6 de abril de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para cubrir dúas prazas de operarios brigada obras, servizos múltiples, persoal laboral fixo, incluída na oferta de emprego público do Concello de Taboada para o ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 88, de data martes 19 de abril de 2022, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para dúas prazas de operarios brigada obras, servizos múltiples, persoal laboral fixo, incluída na oferta de emprego público do Concello de Taboada para o ano 2022, cuxas características son:

Denominación da praza

Operarios brigada obras, servizos múltiples

Réxime

Persoal laboral fixo

Código do posto

2006

Unidade/Área

Brigada de obras

Titulación exixible

Sen requirimentos formativos

Núm. de vacantes

2

Funcións encomendadas

Manexo do tractor municipal

Tarefas de mantemento e conservación (albanelaría, mecánica, pintura, xardinaría) das instalacións e patrimonio municipais e mobiliario público baixo supervisión

Conservación de camiños e vías públicas baixo supervisión

Mantemento e conservación do patrimonio municipal

Reformas e pequenas construcións municipais baixo supervisión

Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico

Retribucións

13.845,18 €

Sistema selectivo

Oposición

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello de Taboada www.concellotaboada.es

Taboada, 25 de abril de 2022

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde