Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29826

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO da convocatoria para cubrir a praza de técnico de xestión, por promoción interna mediante oposición.

Por Resolución de Alcaldía do Concello de Taboada de data 6 de abril de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para cubrir a praza de técnico de xestión para este Concello de Taboada, por promoción interna mediante oposición restrinxida.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 88, de data martes 19 de abril de 2022, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria e no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 91, de data venres 22 de abril de 2022 aparece a corrección do nomeamento do membro do tribunal suplente, para cubrir por promoción interna mediante oposición restrinxida, a praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:

Código de posto: 1002.

Denominación do posto: técnico de xestión.

C.D.: 26.

C.E.: 19.401,76 euros.

Grupo: A 2.

Escala: Administración xeral.

Subescala: xestión.

Titulación académica: diplomado universitario ou grao.

Núm. de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello de Taboada www.concellotaboada.es

Taboada, 25 de abril de 2022

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde