Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 29995

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no primeiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no primeiro cuadrimestre do ano 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe achegado pola AXI (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sanxenxo para a humanización da estrada autonómica PO-308 ao seu paso por Portonovo, pp.qq. 18+960 a 19+770

17.1.2022

1.630.143,09

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Lousame para reforzo do firme na vía de Sanguiñal a Tállara desde a DP-1104 a DP-1105

26.1.2022

95.406,32

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sanxenxo para a humanización da estrada autonómica PO-308 ao seu paso por Portonovo, pp.qq. 18+960 a 19+770

7.3.2022

Non supón incremento

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, A Axencia de Turismo e o Concello de Mondoñedo para a mellora da seguridade viaria peonil na antiga N-634

9.3.2022

130.969,94

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ames para o acondicionamento da AC-544 desde a intersección coa avenida da Maía ata o p.q. 0+610

8.4.2022

81.973,94