Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 29997

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2022

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2022

Convenio

Data da sinatura

Importe total (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o HUB de carácter estratéxico Asociación para a Dixitalización da Industria de Galicia, para o financiamento dos custos de xestión e coordinación do HUB de innovación dixital

7.1.2022

300.000,00 €

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, para o impulso da transferencia de tecnoloxía no sistema de I+D+i de Galicia

4.3.2022

1.000.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Cultura, Ciencia e Tecnoloxía, para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica no ano 2022

24.3.2022

8.000,00 €

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A., para a realización do programa de aceleración para a internacionalización de pemes Galicia Avanza

31.3.2022

2.239.650,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Eduardo Pondal, para o fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas na Costa da Morte

12.4.2022

18.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia) e a Fundación CEL iniciativas por Lugo, para a continuidade da Aeronautics Business Factory-BFAERO na cuarta e quinta edición

12.4.2022

4.460.112,00 €