Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 29939

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta (código de procedemento MR608B) e como persoa silvicultora activa (código de procedemento MR608C).

Advertidos erros na referida orde, publicada no DOG núm. 88, do 6 de maio de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

No artigo 7, páxina 27207, onde di:

«f) Anexo III, de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.

g) Outra documentación: calquera outra información que as persoas solicitantes desexen achegar».

Debe dicir:

«f) Outra documentación: calquera outra información que as persoas solicitantes desexen achegar».

No anexo II, páxina 27216, na epígrafe «DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA OU XA PRESENTADA CON ANTERIORIDADE» debe eliminarse a liña:

«Anexo III: comprobación de datos de terceiras persoas interesadas».