Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 30075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 3 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do prazo de 20 días para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTA, CTI Sandelle.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio infórmase do inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI Sandelle, no concello da Estrada, dos predios que se detallan no cadro, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1951, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 20 días contados, desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que se concrete o valor da indemnización que xulguen que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 3 de maio de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/26-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA CTI Sandelle.

Concello: A Estrada.

Predio

Referencia catastral

Titular

6

36017W518013200000JM

Descoñecido

11

36017W516011430000JM

Descoñecido

19

36017E509003810000HH

Modesto Tarrío