Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 30072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se valida a Resolución do 14 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2021/115 AT).

Feitos:

1. O 14 de marzo de 2022 a Xefatura Territorial de Lugo desta consellería ditou resolución pola que se lle concederon a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción para a instalación eléctrica denominada Subestación Chantada 220/132/66/20 kV-substitución do actual AT1 220/132 kV 100 MVA por outro de 240 MVA (expediente IN407A 2021/115 AT), que se publicou no DOG número 67, do 6 de abril de 2022.

Esta instalación eléctrica, que se desenvolverá no concello de Chantada, ten un orzamento de 1.560.778,33 € e está conformada polas seguintes actuacións:

• Ampliación de potencia da subestación de Chantada (expediente 6136-AT), consistente na substitución do autotransformador de potencia AT-1 230/138 kV 100 MVA por un novo 230/138 kV 240 MVA.

• Substitución dos actuais transformadores de intensidade da posición por outros tres tipo CA-145 con relación de transformación 300-600-1.200/5-5-5-5-5.

• Substitución tamén na parte de 220 kV dos transformadores de intensidade toroidais sobre cable seco 300/5A existentes por uns con relación de transformación 700/5A.

2. O 22 de abril de 2022 a Xefatura Territorial remitiulle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (en diante, DXPERN) a proposta de validación da súa resolución referida no feito anterior, ditada o 18 de abril de 2022 para emendar o vicio de incompetencia, xunto coa documentación que conforma o expediente.

Consideracións legais e técnicas:

1. A DXPERN é competente para ditar esta resolución, de conformidade co disposto no artigo 20 do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG núm. 5, do 11.1.2021); no artigo único.1.b).2º do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1.2.2017), e no artigo 52.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Segundo o disposto no artigo único.1.b).2º do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, o órgano competente para outorgar as autorizacións administrativas previas e de construción de subestacións de potencias iguais ou superiores a 75 kVA é a dirección xeral competente en materia de enerxía, reservando a competencia das xefaturas territoriais para potencias inferiores.

3. O artigo 52, relativo á validación da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece o seguinte:

«1º. A Administración poderá validar os actos anulables, emendando os vicios que posúan.

2º. O acto de validación producirá efecto desde a súa data, salvo o disposto no artigo 39.3 para a retroactividade dos actos administrativos.

3º. Se o vicio consistise en incompetencia non determinante de nulidade, a validación poderá realizarse polo órgano competente cando sexa superior xerárquico do que ditou o acto viciado.[...]».

4. O 18 de abril de 2022 a Xefatura Territorial ditou proposta para que a DXPERN resolva validar a súa Resolución do 14 de marzo de 2022 pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2021/115 AT), con base nas seguintes consideracións legais:

• Tendo a instalación obxecto da solicitude unha potencia de 240 MVA, a Xefatura Territorial resultaría incompetente para a súa autorización e esta competencia corresponderíalle á DXPERN, conforme o disposto no artigo único.1.b).2º do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro.

• Dado que o vicio consiste en incompetencia non determinante de nulidade, procede a validación da dita resolución polo órgano competente, por ser superior xerárquico do que a ditou, en aplicación do disposto no artigo 52.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

Validar a Resolución do 14 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2021/115 AT).

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2022

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais