Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 23 de maio de 2022 Páx. 30425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental relativa á zona de reestruturación parcelaria de San Salvador do Castro, no concello de Dozón.

En cumprimento do disposto no artigo 12 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, relativa á zona de reestruturación parcelaria de San Salvador do Castro, no concello de Dozón, e promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural.

Unha versión da citada declaración, en formato dixital, poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como no seguinte enderezo da páxina web da Consellería do Medio Rural:

https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural