Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 23 de maio de 2022 Páx. 30422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade da aprobación de unidades de admisión e da súa inclusión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

A publicación do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, incorpora á nosa lexislación nacional a Directiva 1999/105/CE do Consello, do 22 de decembro de 1999, sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución, que refunde e actualiza toda a normativa anterior para o efecto.

No punto 1 do artigo 3 do Real decreto 289/2003, antes mencionado, establécese que para a produción de materiais forestais de reprodución destinados á comercialización se utilizarán unicamente materiais de base autorizados.

O punto 2 do mesmo artigo di que os materiais de base só poderán obter a condición de autorizados se garanten as exixencias establecidas nos anexos II, III, IV ou V, segundo se trate da produción de materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados ou controlados, respectivamente, e se están referidos a unha unidade denominada Unidade de admisión, que estará identificada mediante unha única referencia no correspondente rexistro.

Así mesmo, o punto 3 do mesmo artigo, que foi modificado polo Real decreto 1120/2011, do 5 de setembro, no punto 2 do artigo único indica que a autorización dos materiais de base para a produción dos materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados e controlados a efectuará o órgano competente da respectiva comunidade autónoma, que en Galicia é a Consellería do Medio Rural, quen comunicará os ditos materiais de base á Dirección Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

O artigo 3 do Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, recolle que se lle deberá solicitar autorización dos materiais de base, para a produción de materiais forestais de reprodución para a súa comercialización con destino á silvicultura, á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, como órgano competente da Administración da Comunidade Autónoma nesta materia, quen resolverá de acordo co artigo 4 do mencionado decreto.

Segundo o artigo 1.3 do Decreto 135/2004, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal inscribirá o material de base autorizado no Rexistro Galego de Materiais de Base.

En consecuencia, realizada a comprobación do cumprimento dos requisitos mínimos para a autorización dos materiais de base destinados á produción de materiais de reprodución da categoría seleccionada, conforme o disposto no anexo III do Real decreto 289/2003, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa aplicable, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, mediante a Resolución do 29 de abril de 2022 autorizou seis mouteiras selectas de Pinus radiata da categoría material seleccionado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, as cales aparecen relacionadas no anexo desta orde, e realizou a súa inscrición no Rexistro galego de materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2022

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO

Especie: Pinus radiata D. Don.

Nº de rex.

Código galego

Código estatal

Localización

Pertenza

Provincia

Concello

Lonxitude

Latitude

Alt. (m)

Sup. (ha)

Cat. MFR

Tipo MB

Autenticidade

MB

220

ES/15/para/2/01/2/1/2

RS-28/01/15/002

Chousa grande

Dominio público territorial de Coristanco

A Coruña

Coristanco

8º45´3,961”O

43º10´2,750”N

240-275

14

S

MS

Autóctono

221

ES/15/para/2/01/2/1/2

RS-28/01/15/003

Xalo-Celas

Privada MVMC

CMVMC Celas

A Coruña

Culleredo

8º25´33,468”O

43º13´47,657”N

335-375

2,30

S

MS

Autóctono

222

ES/15/para/2/03/2/1/2

RS-28/03/15/001

Coto Mouro

Particular

A Coruña

As Pontes de García Rodríguez

7º48´2,705”O

43º32´35,202”N

540-620

8,48

S

MS

Autóctono

223

ES/27/para/2/02/2/1/2

RS-28/02/27/001

Allonca II

Dominio público territorial da Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

Lugo

A Fonsagrada

6º58´46,38”O

43º10´55,43”N

550-700

5,45

S

MS

Autóctono

224

ES/27/para/2/02/2/1/2

RS-28/02/27/002

Finca Carballido

Particular

Lugo

Lugo

7º28´32,877”O

43º0´30,946”N

480-510

3,20

S

MS

Autóctono

225

ES/27/para/2/02/2/1/2

RS-28/02/27/003

Sambreixo-Parga

Privada MVMC

CMVMC Santa Locaia

Lugo

Guitiriz

7º47´28,163”O

43º8´27,266”N

480-520

16,17

S

MS

Autóctono

Nº de rex.: número de rexistro.

Alt.: altitude.

Sup.: superficie.

Cat.: categoría.

MFR: material forestal de reprodución.

MB: material de base.

S: material seleccionado.

MS: mouteira selecta.

MVMC: monte veciñal en man común.

CMVMC: comunidade do monte veciñal en man común.