Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 23 de maio de 2022 Páx. 30451

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Triacastela

ANUNCIO de aprobación da oferta extraordinaria de emprego público de 2022 para a estabilización do emprego temporal.

Pola Resolución da Alcaldía deste concello, do 16 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal, que cumpre as previsións do artigo 2 e das disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente á/ás praza/s que a continuación se relacionan:

Persoal laboral:

Grupo

Categoría laboral

Denominación

Vacantes

Sistema de acceso

II

Fixo a tempo completo

AEDL

1

Concurso

I

Fixo a tempo parcial

Arquitecto

1

Concurso

II

Fixo a tempo completo

Traballadora social

1

Concurso

V

Fixo a tempo completo

Limpadora

1

Concurso-oposición

V

Fixo a tempo completo

Auxiliar de axuda no fogar

5

Concurso-oposición

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Triacastela.

Triacastela, 16 de maio de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Alcaldesa