Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30551

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2022 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o acceso á escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 11 de novembro de 2021 (DOG do 24 de novembro e BOE do 23 de febreiro de 2022), convocáronse probas selectivas para cubrir sete prazas na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, subgrupo A2, dúas pola quenda de promoción interna e cinco pola quenda de acceso libre. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela