Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30549

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, pola Resolución do 16 de decembro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tenoloxía da información (acceso libre)

– Tribunal titular:

Presidencia:

Javier Páez González, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de telecomunicación.

Secretario:

Pablo Leis Mol, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Vogais:

Javier Quiles del Río, persoal estatutario da categoría profesional técnico superior de sistemas e tecnoloxía da información do Servizo Galego de Saúde.

Ignacio Cid Gómez, persoal funcionario da escala de informática do Parlamento de Galicia, grupo A.

Mercedes Cardelle Espasandín, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Tribunal suplente:

Presidencia:

Guillermo Vázquez González, persoal estatutario da categoría técnico superior de sistemas e tecnoloxía da información do Servizo Galego de Saúde.

Secretaria:

María Baleato González, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

Ana Isabel García Vallejo, persoal estatutario da categoría profesional técnico superior de sistemas e tecnoloxía da información do Servizo Galego de Saúde.

Pedro Vila López, persoal funcionario da escala de informática do Parlamento de Galicia, grupo A.

José Andrés Freire Dapena, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.