Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30548

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 23 de maio de 2022 pola que se modifica a Resolución do 16 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2022), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se amplía o prazo de presentación de solicitudes (código de procedemento IG421A).

BDNS (Identif.): 615434.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Amplíase en 15 días hábiles, ata o 15 de xuño de 2022, o prazo de presentación de solicitudes previsto no punto segundo do resolvo da Resolución do 16 de marzo de 2022 (DOG núm. 53, do 17 de marzo).

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2022

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica