Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30543

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2022 pola que se modifica a Resolución do 16 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2022), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se amplía o prazo de presentación de solicitudes (código de procedemento IG421A).

No DOG núm. 53, do 17 de marzo de 2022, publicouse a Resolución do 16 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2022), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

No artigo 6, nas letras a) e b), establecíase para os gastos do artigo 5.1.a.1), no caso de misións empresariais directas presenciais ou visitas presenciais a feiras, e para os gastos do artigo 1.1.b.1), no caso de accións de participación presencial en feiras e eventos expositivos, que só se poderán realizar 3 accións ao ano como máximo por área xeográfica e soamente 2 accións ao ano nun mesmo país dentro da mesma área xeográfica. Tendo en conta que, tras a cancelación durante os dous anos pasados de numerosos eventos expositivos internacionais e a imposibilidade de realizar misións directas presenciais pola emerxencia sanitaria da COVID-19, neste ano 2022 os organismos intermedios están a multiplicar os seus programas de internacionalización conxunta para recuperar os niveis de exportacións das empresas galegas; e considerando que, debido a que en diferentes áreas do planeta persiste a ameaza pola COVID-19, é notable a concentración do calendario de feiras internacionais en determinados países nos cales o índice de vacinación é moi elevado; co obxecto de non prexudicar as pemes galegas na súa procura da internacionalización, considérase necesario eliminar o límite de accións por área xeográfica e por país.

No punto segundo do resolvo establecíase que o prazo de presentación de solicitudes será de 45 días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Tendo en conta que a introdución novidosa nesta convocatoria de axudas do método de custos simplificados baseado en sumas a tanto global comporta un período de difusión e asimilación por parte dos organismos intermedios e as pemes, e un tempo de reflexión para facer as súas reformulacións das misións empresariais directas ou visitas a feiras no estranxeiro; das participacións presenciais en feiras e outros eventos expositivos no estranxeiro; das misións empresariais inversas desde o estranxeiro; das campañas conxuntas de publicidade, e da elaboración de material promocional conxunto para o estranxeiro, considérase conveniente ampliar o prazo de presentación de solicitudes en 15 días hábiles.

No punto 3 do artigo 1 establecíase que só se poderá presentar unha solicitude por beneficiario e que en caso de presentar máis de unha solicitude atenderase á primeira presentada no caso de non mediar desistencia ou renuncia da anterior. En coherencia co indicado no parágrafo anterior, dado que os organismos intermedios poden reformular as súas accións de participación en feiras e outros eventos, para darlles unha maior flexibilidade, e en prol da seguridade xurídica, considérase conveniente atender á última solicitude presentada pola empresa.

Por todo o anterior, coa intención de mitigar os prexuízos ocasionados por estas circunstancias e apoiar os esforzos realizados polos organismos intermedios na internacionalización conxunta das empresas, e de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Artigo 1. Modificación da Resolución do 16 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2022), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG421A)

Un. O punto 3 do artigo 1 queda redactado do seguinte xeito:

«3. So sé poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, na cal se poderán incluír varias accións das mencionadas. No caso de presentar máis de unha solicitude entenderase implícita a desistencia ou renuncia da anterior, polo que se atenderá á última presentada».

Dous. As letras a) e b) do artigo 6 quedan redactadas do seguinte xeito:

«a) Misións empresariais directas ou visitas a feiras (accións do artigo 1.1.a) que teñan carácter presencial:

Área xeográfica

Límite subvención acción mínima

959,44 €

Importe subvención por empresa adicional

Importe subvención máxima por evento

Porcentaxe axuda

Importe subvención

España e Portugal

30 %

287,83 €

287,83 €

6.044,47 €

Toda a Unión Europea, excepto Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

60 %

575,66 €

575,66 €

12.088,93 €

Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

70 %

671,61 €

671,61 €

14.103,76 €

Todo o resto de Europa fóra da Unión Europea, excepto Rusia e Reino Unido

70 %

671,61 €

671,61 €

16.118,58 €

Rusia

80 %

767,55 €

767,55 €

18.133,40 €

Reino Unido

75 %

719,58 €

719,58 €

15.111,17 €

Estados da costa leste de Estados Unidos e de Canadá. Todo México

80 %

767,55 €

767,55 €

16.118,58 €

Estados do centro de EE.UU. e de Canadá (non costa)

90 %

863,50 €

863,50 €

18.133,40 €

Estados da costa oeste de EE.UU. e de Canadá

90 %

863,50 €

863,50 €

18.133,40 €

Toda América central e do Sur

80 %

767,55 €

767,55 €

16.118,58 €

China e Xapón

100 %

959,44 €

959,44 €

20.148,22 €

Resto de Asia

80 %

767,55 €

767,55 €

16.118,58 €

Oceanía

90 %

863,50 €

863,50 €

18.133,40 €

Toda África, excepto Sudáfrica

80 %

767,55 €

767,55 €

16.118,58 €

Sudáfrica

80 %

767,55 €

767,55 €

16.118,58 €

Neste tipo de accións non se establecen límites para o número de accións por país ou área xeográfica.

b) Participación en feiras (accións do artigo 1.1.b) que teñan carácter presencial:

Área xeográfica

Límite subvención acción mínima

5.198,13 €

Importe subvención por empresa adicional

Importe subvención máxima por evento

Porcentaxe axuda

Importe subvención

España e Portugal

30 %

1.559,44 €

287,83 €

7.316,07 €

Toda a Unión Europea, excepto Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

60 %

3.118,88 €

575,66 €

14.632,15 €

Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

70 %

3.638,69 €

671,61 €

17.070,84 €

Todo o resto de Europa fóra da Unión Europea, excepto Rusia e Reino Unido

70 %

3.638,69 €

671,61 €

17.070,84 €

Rusia

80 %

4.158,51 €

767,55 €

19.509,53 €

Reino Unido

75 %

3.898,60 €

719,58 €

18.290,19 €

Estados da costa leste de Estados Unidos e de Canadá. Todo México

80 %

4.158,51 €

767,55 €

19.509,53 €

Estados do centro de EE.UU e de Canadá (non costa)

90 %

4.678,32 €

863,50 €

21.948,22 €

Estados da costa oeste de EE.UU. e de Canadá

90 %

4.678,32 €

863,50 €

21.948,22 €

Toda América central e do Sur

80 %

4.158,51 €

767,55 €

19.509,53 €

China e Xapón

100 %

5.198,13 €

959,44 €

24.386,92 €

Resto de Asia

80 %

4.158,51 €

767,55 €

19.509,53 €

Oceanía

90 %

4.678,32 €

863,50 €

21.948,22 €

Toda África, excepto Sudáfrica

80 %

4.158,51 €

767,55 €

19.509,53 €

Sudáfrica

80 %

4.158,51 €

767,55 €

19.509,53 €

Neste tipo de accións non se establecen límites para o número de accións por país ou área xeográfica».

Artigo 2

Amplíase en 15 días hábiles, ata o 15 de xuño de 2022, o prazo de presentación de solicitudes previsto no punto segundo do resolvo da Resolución do 16 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 3

Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director do Instituto Galego de Promoción Económica