Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30726

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Touro

ANUNCIO da aprobación da oferta extraordinaria de emprego público 2022 para a estabilización de emprego temporal.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 18 de maio de 2022, adoptou o acordo de aprobación da oferta extraordinaria de emprego público para 2022 que se transcribe a seguir:

I. Aprobación da oferta extraordinaria de emprego público 2022, para a estabilización de emprego temporal do concello.

Logo de ser examinada a proposta para a aprobación da oferta extraordinaria de emprego público 2022 para a estabilización de emprego temporal, conforme as previsións do artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, na cal se especifican as prazas existentes para estabilización de emprego temporal,

Considerando os informes da Intervención e Secretaría que obran no expediente e o Acordo da Mesa Xeral de Negociación do día 18 de maio de 2022, polos que se informa favorablemente a súa aprobación,

Tendo en conta a seguinte lexislación aplicable:

– O artigo 2, disposición adicional primeira, cuarta, quinta, sexta, oitava e novena, e a disposición transitoria primeira da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

– Os artigos 10, 11, 37, 69 e 70, e a disposición adicional cuarta do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

– O artigo 128 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

– Os artigos 91 e 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Logo de ser vistos os antecedentes, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar a oferta extraordinaria de emprego público deste concello para o ano 2022, para a estabilización de emprego temporal, que contén as seguintes prazas:

Denominación da praza

Categoría

(grupo convenio)

Nº de prazas

Situación laboral

Concurso-oposición

(art. 2 da Lei 20/2021)

Concurso

(DA 6ª e 8ª da Lei 20/2021)

Auxiliar de servizos sociais

Grupo IV

1

Laboral temporal

X

Condutor/a encargado/a do camión do lixo

Grupo V

1

Laboral temporal

X

Auxiliar de axuda no fogar

Grupo V

1

Laboral temporal

X

Encargado/a do Punto de Atención á Infancia (PAI)

Grupo III

1

Laboral temporal

X

Auxiliar de apoio do Punto de Atención á Infancia (PAI)

Grupo IV

1

Laboral temporal

X

Animador/a deportivo/a

Grupo III

1

Laboral temporal

X

Segundo. Publicar a oferta extraordinaria de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Touro no taboleiro de anuncios da corporación, así como na sede electrónica deste concello https://sede.touro.gal, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Boletín Oficial da Comunidade Autónoma correspondente, en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Terceiro. A publicación da convocatoria para a cobertura das prazas incluídas na oferta para a estabilización temporal deberá ser antes do 31 de decembro de 2022 e a súa resolución antes do 31 de decembro de 2024.

Cuarto. Notificarlle este acordo aos interesados, con indicación expresa dos recursos que se deben interpor, e darlle conta ao Pleno da corporación na primeira sesión ordinaria que realice.

Touro, 18 de maio de 2022

Ignacio Codesido Barreiro
Alcalde