Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30719

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Peroxa

ANUNCIO da oferta de emprego público para estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello, do 16 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal coas seguintes prazas:

Persoal laboral:

Grupo

Denominación

Nº vacantes

Xornada

Sistema

7

Auxiliar de axuda no fogar

5

Completa

Concurso

5

Administrativo de apoio para reforzar os servizos

1

Completa

Concurso-oposición

10

Limpadoras, persoal laboral temporal

2

½ xornada

Concurso

5

Persoal de atención á infancia do PAI (punto de atención á infancia)

1

Completa

Concurso

10

Persoal de apoio e atención á infancia do PAI (punto de atención á infancia)

1

Completa

Concurso

10

Peón brigada de obras

1

Completa

Concurso

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello da Peroxa.

Contra esta resolución pódese interpoñer alternativamente recurso de reposición, ante o alcalde, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente ou, á elección do interesado, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto.

Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

A Peroxa, 16 de maio de 2022

Manuel Seoane Rodríguez
Alcalde