Mediante a Resolución da directora da Escola Galega de Administración Pública do 22 de decembro de 2021 (DOG núm. 12, do 19 de xaneiro) convocouse unha bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade.
En cumprimento do establecido na base décimo segunda da dita Resolución do 22 de decembro de 2021, a comisión de avaliación examinou e valorou os méritos e realizou a entrevista ás persoas candidatas, do que resultou unha proposta de adxudicación que foi elevada á directora da Escola Galega de Administración Pública.
De acordo co exposto e coa obriga de publicidade recollida na base décimo terceira da Resolución do 22 de decembro de 2021, faise pública a Resolución da directora da Escola Galega de Administración Pública do 28 de abril de 2022 pola que se concede unha bolsa de formación para a xestion de procesos de avaliación e calidade a Marisol Crego Freijido, NIF **4925**Z, por ser a candidata a que lle corresponde por orde de puntuación.
As actividades de formación iniciaranse desde a data da súa incorporación na Escola Galega de Administración Pública e finalizarán o 31 de decembro de 2022.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a directora da Escola Galega de Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa dun recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo que resulten competentes, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da antedita notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a) e 14 e 46.1, respectivamente, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2022
A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 3, do 2 de xaneiro de 2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública