Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 28 de abril de 2022 polo que se fai pública a resolución de concesión dunha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

Mediante a Resolución da directora da Escola Galega de Administración Pública do 22 de decembro de 2021 (DOG núm. 12, do 19 de xaneiro) convocouse unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

En cumprimento do establecido na base décimo segunda da dita Resolución do 22 de decembro de 2021, a comisión de avaliación examinou e valorou os méritos e realizou a entrevista ás persoas candidatas, do que resultou unha proposta de adxudicación que foi elevada á directora da Escola Galega de Administración Pública.

De acordo co exposto e coa obriga de publicidade recollida na base décimo terceira da Resolución do 22 de decembro de 2021, faise pública a Resolución da directora da Escola Galega de Administración Pública, do 28 de abril de 2022 pola que se concede unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo a Anxo Varela Hernández, NIF **0913**G, por ser o candidato ao que lle corresponde por orde de puntuación.

As actividades de formación iniciaranse desde a data da súa incorporación na Escola Galega de Administración Pública e finalizarán o 31 de decembro de 2022.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a directora da Escola Galega de Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa dun recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo que resulten competentes, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da antedita notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a) e 14 e 46.1, respectivamente, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2022

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 3, do 2 de xaneiro de 2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública