Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 31026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba, A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba, A Coruña) que, con data do 31 de marzo de 2022, a directora xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

En cumprimento do establecido no artigo 35 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, unha vez revisada a documentación e os planos que a compoñen, mediante o presente acto apróbase o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba, A Coruña).

Conforme o disposto no punto 3 do artigo 16 da antedita lei, queda disolta a Xunta Local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña da Consellería do Medio Rural disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación persoal ou da publicación substitutiva.

A Coruña, 4 de maio de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña