O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión do día 6 de outubro de 2021, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:
Concello: Salvaterra de Miño.
Parroquia: Salvaterra.
Nome do monte: Couto.
Cabida: 204 m² aprox. (superficie alegada na solicitude).
Estremas:
Norte: herdeiros de Fernando Abril Moure.
Sur: herdeiros de Fernando Abril Moure.
Leste: herdeiros de Fernando Abril Moure.
Oeste: camiño asfaltado.
O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Pontevedra, 6 de maio de 2022
Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor