Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 30849

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 18 de maio de 2022 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C).

O día 9 de febreiro de 2021, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

O día 23 de marzo de 2021, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 18 de marzo de 2021 pola que se procede á ampliación do prazo de presentación de solicitudes da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso á boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C). Por medio da devandita orde, a través da modificación do número 1 do seu artigo 10, o prazo de presentación de solicitudes pasou de trinta a corenta e cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia, o 9 de febreiro de 2021, é dicir, ata o 16 de abril de 2021.

O día 13 de decembro de 2021, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 7 de decembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C). Entre outras modificacións, debido ao cambio no financiamento da devandita orde, o seu título pasou a denominarse Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C).

A evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia ao longo do ano 2021 e dos primeiros meses do presente ano 2022, obrigou a adoptar medidas específicas de prevención, como a fixación de aforos máximos, ou limitacións en distintas actividades. Isto dificultou e dificulta a execución dos traballos previstos nas axudas obxecto da orde de referencia, principalmente a organización e celebración das asembleas xerais e reunións previstas na normativa aplicable en materia de montes veciñais en man común, debido a que esta forma de propiedade común de natureza xermánica, conta cunha media de 44 comuneiros por monte.

De acordo co establecido no número 1 do artigo 17 da Orde do 31 de decembro de 2020, o prazo para executar e xustificar as axudas remata o 30 de xuño de 2022.

De acordo co establecido no número 8 do artigo 14 da Orde do 31 de decembro de 2020, o prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes.

O artigo 45.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a posibilidade de que o órgano concedente das subvencións outorgue, salvo precepto en contra contido nas bases reguladoras, unha ampliación do prazo establecido para presentar a xustificación, que non excederá a metade deste e sempre que con iso non se prexudiquen dereitos de terceiros. O artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, indica que a ampliación poderá acordarse de oficio ou a instancia de parte antes do vencemento do prazo de que se trate e se as circunstancias así o aconsellan.

En virtude, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no usos das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1

Amplíase o prazo para executar e xustificar as axudas concedidas, ao abeiro, da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, ata o día 30 de setembro de 2022.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural