Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 30897

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 10 de maio de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2022 para a selección de estratexias de desenvolvemento local participativo e grupos de acción local do sector pesqueiro, así como para a concesión da axuda preparatoria, no período de programación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 en Galicia (código de procedemento PE210B).

BDNS (Identif.): 627924.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Persoas xurídico-privadas constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e normativa de aplicación do Estado e Comunidade Autónoma, e que carezan estatutariamente de ánimo de lucro, representen os intereses socioeconómicos locais públicos e privados dentro da zona e sen que ningún grupo de interese único controle a toma de decisións.

Segundo. Finalidade

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2022 para a selección de estratexias de desenvolvemento local participativo (en diante, EDLP) e grupos de acción local do sector pesqueiro (en diante, GALP), que levará asociada a concesión da axuda preparatoria, no marco do período de programación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) 2021-2027, en Galicia.

2. O procedemento regulado nesta orde ten o código PE210B.

Terceiro. Bases reguladoras

Ordo do 10 de maio de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2022 para a selección de estratexias de desenvolvemento local participativo e grupos de acción local do sector pesqueiro, así como para a concesión da axuda preparatoria, no período de programación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) 2021-2027, en Galicia (código de procedemento PE210B).

Cuarto. Importe

O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2022 alcanza o importe de douscentos mil euros (200.000 euros) na partida orzamentaria 15.03.723C.780.0, código de proxecto 202200168.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de catro (4) meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2022

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar