Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 31046

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boborás

ANUNCIO de aprobación da oferta extraordinaria de emprego público de 2022 para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución de alcaldía deste concello, do 19 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a seguir se relacionan:

Persoal laboral:

Grupo de cotización

Categoría laboral

Nº de prazas

Sistema de acceso

Tipo de xornada

01

Arquitecto

1

Concurso

30 %

02

Coordinadora do PAI

1

Concurso

Completa

02

Auxiliar do PAI

1

Concurso

Completa

10

Limpiadora de instalacións municipais

1

Concurso

Completa

10

Operario de servizos varios

1

Concurso

75 %

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Boborás.

Contra a presente resolución pódese interpoñer alternativamente recurso de reposición ante a alcaldesa, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente ou, por elección do/da interesado/a, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto. Todo iso, sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Boborás, 19 de maio de 2022

Ana Patricia Torres Madureira
Alcaldesa