Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 31064

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rubiá

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

O Concello de Rubiá, mediante Resolución da Alcaldía número 53/2022, do 11 de maio, acordou aprobar a oferta de emprego público de 2022 para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, cuxas prazas se detallan a seguir:

Aprobar a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal conforme as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, coa seguinte relación de prazas, desagregadas entre as referentes o artigo 2 da Lei 20/2021 e os referentes a disposición adicional sexta la lei:

A) Artigo 2 da Lei 20/2021:

Persoal laboral:

Categoría laboral: auxiliar.

Vacantes: 4.

Denominación do posto: auxiliar de axuda no fogar.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Categoría laboral: peón.

Vacantes: 1.

Denominación do posto: conserxe/limpador/a no colexio público.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Categoría laboral: peón de limpeza.

Vacantes: 1.

Denominación do posto: limpador/a vías públicas.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Categoría laboral: peón de limpeza.

Vacantes: 1.

Denominación do posto: limpador/a instalacións municipais.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

B) Disposición adicional 6ª da Lei 20/2021:

Persoal laboral:

Categoría laboral: arquitecto/arquitecto técnico.

Vacantes: 1.

Denominación do posto: arquitecto municipal.

Sistema de acceso: concurso.

Categoría laboral: diplomatura traballo social.

Vacantes: 1.

Denominación do posto: traballador/a social.

Sistema de acceso: concurso.

Categoría laboral: licenciatura/diplomatura.

Vacantes: 1.

Denominación do posto: AEDL/TLE.

Sistema de acceso: concurso.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Rubiá.

Contra esta resolución pódese interpoñer alternativamente recurso de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente ou, a elección do interesado, ao que corresponda o seu domicilio, no prazo de dous meses.

Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto. Todo iso sen prexuízo de que poida vostede interpor calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

Rubiá, 19 de maio de 2022

Elías Rodríguez Núñez
Alcalde