Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 31070

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trasmiras

ANUNCIO da oferta extraordinaria de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante resolución da alcaldía deste concello, con data do 19.5.2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, coas seguintes prazas:

Persoal laboral:

Denominación

Nº vacantes

Grupo

Xornada

Sistema de acceso

Auxiliares de axuda no fogar

3

5

completa

Concurso

Auxiliar de axuda no fogar

1

5

completa

Concurso-oposición

Auxiliar administrativa de Administración xeral

1

5

completa

Concurso

Oficial de primeira de obras e servizos

1

5

completa

Concurso

Oficial encargado de servizos e obras. Encargado do servizo de augas.

1

3

completa

Concurso

Traballador/a social

1

2

completa

Concurso

Técnico/a de urbanismo

1

1

parcial 10 h/semana

Concurso

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Trasmiras, no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Publícase isto para xeral coñecemento e advírteselles aos interesados que contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

Trasmiras, 16 de maio de 2022

Emilio José Pazos Ojea
Alcalde