Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 30908

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2022 pola que se convocan, con carácter extraordinario, actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Convocadas as actividades de formación continua correspondentes ao primeiro semestre do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, rexistrouse un elevado número de solicitudes nalgunhas da actividades formativas que é preciso atender. En consecuencia, desde a EGAP decidiuse responder a esta demanda mediante a realización dunha convocatoria extraordinaria.

Coa oferta de novas prazas nas ditas actividades fornecerase o persoal empregado público dos recursos necesarios para o mellor desenvolvemento das súas tarefas, especialmente para as de tipo específico. Ademais, reforzarase a formación en materias de grande importancia no contexto actual como son a xestión e execución dos fondos europeos para a reactivación económica ou a prevención e loita contra a violencia de xénero. En canto ás actividades formativas en materia de violencia de xénero, cómpre indicar que están a ser financiadas nun 46 % con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática).

Polo exposto e en virtude da competencia atribuída pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública (EGAP),

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2022

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos do persoal participante

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:

1. O persoal empregado público ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e da Administración institucional, en situación de servizo activo ou servizos especiais que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, bombeiros e o persoal do Servizo Galego de Saúde, agás que estea en situación de servizos especiais en calquera das administracións relacionadas no parágrafo anterior. Non se entende por tal os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas a empregados/as públicos/as pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.

3. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación e/ou telepresenza deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán, ademais, cun manual de usuario na páxina web da EGAP na seguinte ligazón <https://egap.xunta.gal/formulariosrecursos> onde se indicará como acceder a esta plataforma de telepresenza e os compoñentes que o equipo necesita para un funcionamento básico da plataforma.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes abarcará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 3 de xuño de 2022.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

6. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección deberán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos enviados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

7. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

Cuarta. Protección de datos persoais e comprobación de datos

1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación nas accións formativas convocadas a través desta resolución, así como aqueles outros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola EGAP na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.

A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD. Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nas anteditas accións formativas serán publicados conforme o detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos á súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.

As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecer ao alumnado a posibilidade do seu visionado posterior como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o considera oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As devanditas gravacións conservaranse á disposición do alumnado e profesorado durante o tempo que dure a acción formativa ou, se é o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas e a gravación destas poderán ser accesibles unicamente para o profesorado e alumnado a que van dirixidas e para o persoal da EGAP autorizado.

Prohíbese expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións e, particularmente, a súa compartición en redes sociais, xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.

As persoas interesadas poderán solicitar ante a persoa responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

2. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e enviar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinto. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «persoal destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2022 segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 28 de xaneiro (DOG núm. 24, do 4 de febreiro), comezarase pola letra T.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte, contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1º. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2º. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte, contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación das actividades formativas

Para poder superar as actividades formativas, será necesario cumprir os seguintes requisitos:

a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: a superación dunha proba de avaliación que se realizará ao final delas.

b) Para as actividades de teleformación:

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final.

– A superación dunha proba de avaliación final.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que lle afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Persoal destinatario

Modalidade/localidade

Data inicio

Data fin

Data e hora do exame final en liña

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

FC22167

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que teña coñecementos de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer).

Teleformación

4.10.2022

24.11.2022

29.11.2022 18.00 h

FC22168

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que teña coñecementos de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).

Teleformación

4.10.2022

24.11.2022

29.11.2022 17.00 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

FC22159

Atención plena e xestión do estrés

35

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Telepresenza

7, 9, 14, 16, 21 e 23 de novembro, das 16.30 ás 19.00 h

23.11.2022 18.30 h

FC22160

Destrezas persoais e xestión do cambio en situacións de crise

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

3.10.2022

24.10.2022

27.10.2022 16.30 h

FC22161

Atención á cidadanía

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

5.9.2022

30.9.2022

4.10.2022 17.00 h

FC22162

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

7.10.2022

27.10.2022

2.11.2022 17.00 h

Igualdade e violencia de xénero

FC22180

A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

26.10.2022

15.11.2022

18.11.2022 17.00 h

FC22181

Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

15.6.2022

6.7.2022

12.7.2022 16.30 h

FC22182

Aproximación á violencia de xénero

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

27.10.2022

28.11.2022

1.12.2022 19.00 h

FC22183

Violencia de xénero na adolescencia e xuventude

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

5.9.2022

5.10.2022

11.10.2022 18.00 h

FC22184

Acompañamento social e apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

17.10.2022

16.11.2022

21.11.2022 18.00 h

FC22185

Ciberviolencias sexistas. Novos espazos para a violencia de xénero

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

31.10.2022

24.11.2022

29.11.2022 19.00 h

FC22186

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

13.6.2022

11.7.2022

14.7.2022 17.30 h

Lingua galega

FC22171

A normativa do galego estándar: actualización gramatical, ortográfica e léxica

30

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Mixto Teleformación + telepresenza

Teleformación: do 5.9.2022 ao 5.10.2022
Telepresenza: 6, 8, 13, 15, 20, 27 e 29 de setembro; e 4 de outubro, das 16.30 ás 18.30 h

11.10.2022 17.00 h

FC22171

A normativa do galego estándar: actualización gramatical, ortográfica e léxica

30

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Mixto Teleformación + telepresenza

Teleformación: do 21.10.2022 ao 23.11.2022

Telepresenza: 24 e 26 outubro; 2, 7, 9, 15, 17 e 22 de novembro, das 16.30 ás 18.30 h

28.11.2022 19.00 h

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

FC22163

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

5.9.2022

30.9.2022

4.10.2022 18.00 h

FC22164

Os contratos do sector público

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

20.9.2022

20.10.2022

25.10.2022 18.00 h

FC22165

Transparencia: acceso á información pública e publicidade activa

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

5.9.2022

30.9.2022

4.10.2022 19.00 h

FC22166

Permisos e licenzas do persoal empregado público. Réxime xurídico e tramitación

50

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

15.6.2022

27.6.2022

30.6.2022 17.00 h

FC22172

Básico de subvencións e normativa aplicable

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

13.6.2022

11.7.2022

14.7.2022 16.30 h

FC22179

O procedemento de contratación. Problemáticas actuais e doutrina vixente dos tribunais de contratación pública

30

21

Aproveitamento

Subgrupos A1, A2 e C1 da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e das administracións locais.

Presencial Santiago de Compostela

7, 8, 9, 14, 15, 21 e 22 de novembro, das 16.30 ás 19.30 h

22.11.2022 19.00 h

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

FC22169

Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

24.10.2022

24.11.2022

30.11.2022 18.00 h

FC22170

Os fondos Next Generation e o mecanismo de recuperación e resiliencia: execución e control

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

24.10.2022

24.11.2022

30.11.2022 17.00 h

Consellería de Cultura, Educación e Universidade: Educación

FC22175

A atención ao alumnado con discapacidade motora nas diferentes modalidades de ensino

30

15

Aproveitamento

Persoal laboral que desenvolva o seu labor en centros de ensino da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, persoal educador e auxiliar coidador.

Telepresenza

6, 7, 8, 12, 14 e 15 de setembro, das 16.30 ás 19.00 h

15.9.2022 18.30 h

FC22176

A atención ao alumnado con discapacidade auditiva nas diferentes modalidades de ensino

30

15

Aproveitamento

Persoal laboral que desenvolva o seu labor en centros de ensino da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, persoal educador e auxiliar coidador e intérpretes da lingua de signos española.

Telepresenza

20, 21, 22, 28, 29 e 30 de xuño, das 16.30 ás 19.00 h

30.6.2022 18.30 h

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

FC22174

Fundamentos de QGIS básico aplicado ao planeamento urbanístico

50

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Persoal técnico que preste servizo na Administración local.

Teleformación

12.9.2022

21.10.2022

25.10.2022 17.00 h

Consellería de Política Social

FC22177

Violencia sexual contra a infancia

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Profesionais dos ámbitos de protección de menores e xustiza penal xuvenil.

Telepresenza

4, 6, 11, 13, 14 e 18 de outubro, das 16.30 ás 19.30 h
19 de outubro, das 16.30 ás 18.30 h

19.10.2022 18.00 h

Consellería do Medio Rural

FC22178

Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

50

25

Aproveitamento

En primeiro lugar técnicos/as dos servizos da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e dos servizos provinciais de infraestruturas agrarias e persoal da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. En caso de que non haxa solicitudes suficientes, o resto de persoal técnico das direccións xerais da Consellería do Medio Rural e da Axencia Galega de Calidade Alimentaria. En caso de que non haxa solicitudes, o resto de persoal da Xunta de Galicia.

Teleformación

3.10.2022

27.10.2022

3.11.2022 17.00 h

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo: Prevención de riscos laborais

FC22173

Os primeiros auxilios

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

7.11.2022

25.11.2022

Exame presencial na EGAP 25.11.2022 10.00-13.00 h

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo-Medicina forense

FC22187

Intervención dos traballadores sociais nas probas preconstituídas e valoración de factores sociais en abusos a menores

20

12

Aproveitamento

Traballadores/as sociais que desenvolvan tarefas relacionadas coa materia.

Presencial Santiago de Compostela

10 de novembro, das 9.00 ás 13.30 h e das 15.30 ás 19.00 h
11 de novembro, das 9.00 ás 13.00 h

11.11.2022 12.30 h

FC22188

Obradoiro de intervención forense en sucesos de múltiples vítimas

35

12

Aproveitamento

Médicos forenses do Imelga.

Presencial Santiago de Compostela

6 de outubro, das 9.00 ás 13.30 e das 15.30 ás 19.00 h
7 de outubro, das 9.00 ás 13.00 h

7.10.2022 12.30 h

Portal de idiomas

PI22037

Inglés básico para postos de atención á cidadanía

20

18

Aproveitamento

Ter coñecementos de nivel intermedio en lingua inglesa.
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Telepresenza

15, 20, 22, 27 e 29 de xuño, das 16.30 ás 19.00 h
4 de xullo, das 16.30 ás 19.00 h
6 de xullo, das 16.30 ás 19.30 h

6.7.2022
19.00 h

PI22038

Lingua de signos A1.1

30

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

3.10.2022

3.11.2022

3.11.2022

PI22039

Inglés técnico-xurídico para o sector público

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Mixto
Teleformación + telepresenza

17.10.2022 ao 29.11.2022
Sesións de telepresenza:
18 e 25 de outubro; e 8, 15, 22 e 29 de novembro, das 16.30 ás 19.00 h

2.12.2022
18.00 h

PI22040

Lingua francesa. Nivel básico 1

75

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal de administración e servizos (PAS) do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

14.6.2022

28.11.2022

1.12.2022 17.00 h

PI22041

Lingua italiana. Nivel básico 1

75

75

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal de administración e servizos (PAS) do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

13.9.2022

23.11.2022

28.11.2022 18.00 h

PI22042

Lingua portuguesa. Nivel básico 1 e nivel básico 2

115

100

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

1.9.2022

29.11.2022

1.12.2022 16.30 h