Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 30904

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2022 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2022, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2022

María Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I

Convenio

Data sinatura

Importe €

2022

2023

2024

2025

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Begonte para a reforma e acondicionamento de instalacións para escola de música, conservatorio e auditorio

27.1.2022

349.312,89 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a promoción e comercialización de Galicia como destino turístico

21.2.2022

500.000,00 €

500.000,00 €

500.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a implementación, difusión e promoción da marca Q de Calidade Turística no sector turístico de Galicia

21.2.2022

210.000,00 €

210.000,00 €

210.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a entidade colaboradora Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a instrumentación da axuda económica ás persoas beneficiarias da tarxeta bono turístico

7.3.2022

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Marín para o proxecto de equipamento sociocultural como xerador de estratexias de promoción turística

22.4.2022

200.000,00 €

150.000,00 €

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Ruta do Viño Monterrei para a celebración das xornadas de portas abertas na Ruta do viño Monterrei

22.4.2022

18.000,00 €

19.000,00 €

20.000,00 €

21.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Ruta do Viño Valdeorras para a celebración das xornadas de portas abertas na Ruta do viño Valdeorras

22.4.2022

18.000,00 €

19.000,00 €

20.000,00 €

21.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Rutas do Viño do Ribeiro para a celebración das xornadas de portas abertas na Ruta do viño do Ribeiro

22.4.2022

18.000,00 €

19.000,00 €

20.000,00 €

21.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Ruta do Viño da Ribeira Sacra para a celebración das xornadas de portas abertas na Ruta do viño da Ribeira Sacra

22.4.2022

18.000,00 €

19.000,00 €

20.000,00 €

21.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Clubs Náuticos de Galicia-Asnauga para a promoción e comercialización do turismo náutico en Galicia

25.4.2022

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Asociación Galega da Propiedade Balnearia e a Axencia Turismo de Galicia para a renovación e desenvolvemento da cátedra institucional de Hidroloxía Médica da USC

27.4.2022

40.000,00 €

40.000,00 €

40.000,00 €

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a mellora da seguridade viaria peonil na antiga N-634

9.3.2022

78.581,96 €

52.387,97 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Monterrei para a realización de visitas guiadas e de información turística na Fortaleza de Monterrei

4.4.2022

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Renfe Viajeros Sociedad Mercantil Estatal, S.A. e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde)

29.4.2022

70.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e os concellos integrantes da mancomunidade para actuacións de mellora paisaxística e de promoción do Xacobeo 2021-22 no Camiño Francés

27.4.2022

519.400,00 €

519.400,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago de Compostela para a mellora da atención aos peregrinos e visitantes

25.4.2022

304.661,58 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, a Fundación Catedral de Santiago e a S.A.M.I. Catedral de Santiago para o apoio e reforzo da seguridade no complexo catedralicio

25.4.2022

846.165,92 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e Galicia Turistic, S.L. para a realización conxunta de actividades de posta en marcha da segunda edición do proxecto Turislab de aceleración de empresas turísticas

4.4.2022

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Amigos da Xunqueira para a organización e realización de actividades de promoción do Ano Xubilar Mariano de Cee

22.4.2022

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Xinzo de Limia e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración do Entroido 2022

22.4.2022

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Baiona e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Festa da Arribada da Carabela Pinta 2022

21.4.2022

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Semana Santa 2022

25.3.2022

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Xunta Xeral de Confrarías da Semana Santa de Viveiro e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Semana Santa 2022

8.4.2022

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Axencia Turismo de Galicia e a S.A.M.I Catedral de Santiago para o desenvolvemento da cátedra institucional O Camiño de Santiago e as peregrinacións, período 2022-2024

17.3.2022

30.000,00 €

30.000,00 €

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Cerdedo-Cotobade para o acondicionamento paisaxístico do contorno e accesos da carballeira de San Xusto

19.4.2022

155.000,00 €

75.000,00 €