Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31401

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nogueira de Ramuín

ANUNCIO da aprobación da oferta extraordinaria de emprego público de 2022 para a estabilización do emprego temporal.

Mediante Resolución de Alcaldía do 19 de maio de 2022 aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal, que cumpre as previsións do artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público correspondentes aos postos que se indican a seguir:

Persoal laboral:

Denominación

Categoría

Nº prazas

Sistema selección

Psicóloga

I

1

Concurso-D-A. 6ª e 8ª Lei 20/2021

Técnico administración xeral (rama xurídica)

I

1

Concurso-oposición artigo 2.4 Lei 20/2021

Traballadora social

II

1

Concurso-D-A. 6ª e 8ª Lei 20/2021

Traballadora social-programas do maior

II

1

Concurso-D-A. 6ª e 8ª Lei 20/2021

Educadora social

II

1

Concurso-D-A. 6ª e 8ª Lei 20/2021

Auxiliar arquivo municipal

IV

1

Concurso-D-A. 6ª e 8ª Lei 20/2021

Auxiliar administrativo

IV

1

Concurso-oposición artigo 2.4 Lei 20/2021

Auxiliar administrativo

IV

1

Concurso-D-A. 6ª e 8ª Lei 20/2021

Auxiliar administrativo

IV

1

Concurso-D-A. 6ª e 8ª Lei 20/2021

Auxiliar clínica

IV

1

Concurso-D-A. 6ª e 8ª Lei 20/2021

Oficial 2º

IV

1

Concurso-D-A. 6ª e 8ª Lei 20/2021

Oficial 2ª

IV

1

Concurso-D-A. 6ª e 8ª Lei 20/2021

Oficial 2º

IV

1

Concurso-oposición artigo 2.4 Lei 20/2021

Peón forestal

V

1

Concurso-D-A. 6ª e 8ª Lei 20/2021

Peón horticultura e xardinaría

V

1

Concurso-oposición artigo 2.4 Lei 20/2021

Tractorista

V

1

Concurso-D-A. 6ª e 8ª Lei 20/2021

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Nogueira de Ramuín no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo que corresponda, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

Nogueira de Ramuín, 19 de maio de 2022

Julio Carlos Temes Pereira
Alcalde