Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31406

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarreaus

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Por acordo da Xunta de Goberno Local de data do 16 de maio de 2022 aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal coas seguintes prazas:

Persoal laboral:

Grupo: 7.

Denominación: Auxiliar servizo de axuda no fogar.

Nº vacantes: 5.

Xornada: completa.

Sistema: concurso.

Grupo: 2.

Denominación: Axente Tic (tecnoloxía da información e comunicación).

Nº vacantes: 1.

Xornada: ½ xornada.

Sistema: concurso.

Grupo: 8.

Denominación: Condutores rozadora.

Nº vacantes: 2.

Xornada: completa.

Sistema: concurso.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Sarreaus.

Contra a presente resolución pódese interpoñer alternativamente recurso de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes, o recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente ou, a elección do interesado, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto.

Todo iso sen prexuízo de que poida interpor vostede calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

Sarreaus, 20 de maio de 2022

Gumersindo Lamas Alvar
Alcalde