Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31408

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trabada

ANUNCIO da aprobación da oferta extraordinaria de estabilización do emprego público.

Mediante a Resolución de Alcaldía 180/2022, do 18 de maio, aprobouse a oferta extraordinaria de estabilización de emprego público do Concello de Trabada ao abeiro do artigo 2 e disposición adicional sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, que establece o seguinte:

«Resolución de Alcaldía.

Vista a disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, que establece de maneira literal que “…As administracións públicas convocarán, con carácter excepcional e de acordo co previsto no artigo 61.6 e 7 do TREBEP, polo sistema de concurso, aquelas prazas que, reunindo os requisitos establecidos no artigo 2.1, estivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.

Estes procesos, que se realizarán por unha soa vez, poderán ser obxecto de negociación en cada un dos ámbitos territoriais da Administración do Estado, comunidades autónomas e entidades locais e respectarán, en todo caso, os prazos establecidos nesta norma…”.

Visto o establecido no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, que establece, entre outras cuestións, de maneira literal que “…2. As ofertas de emprego que articulen os procesos de estabilización recollidos no número 1, así como o novo proceso de estabilización, deberán aprobarse e publicarse nos respectivos diarios oficiais antes do 1 de xuño de 2022 e serán coordinados polas administracións públicas competentes. A publicación das convocatorias dos procesos selectivos para a cobertura das prazas incluídas nas ofertas de emprego público deberase producir antes do 31 de decembro de 2022. A resolución destes procesos selectivos deberá finalizar antes do 31 de decembro de 2024”.

Considerando, por tanto, que o obxectivo deste proceso de estabilización de emprego temporal das administracións públicas é que a taxa de cobertura temporal se sitúe por baixo do oito por cento das prazas estruturais.

Visto o Informe de Secretaría, do 11 de maio de 2022, onde, unha vez examinado o cadro de persoal, se especifican cales son as prazas que cumpren os requisitos exixidos legalmente e, polo tanto, cales son as prazas que resultan susceptibles de seren incluídas na oferta de emprego para a estabilización do emprego temporal e onde se verifica o cumprimento da normativa aplicable a este proceso de estabilización de emprego temporal na Administración pública.

Visto o Informe de Intervención, do 11 de maio de 2022, no cal se verifica a existencia de crédito suficiente e adecuado e que a dita oferta de emprego público non supón ningún incremento de gasto do capítulo I do orzamento.

Vista a acta da Mesa Xeral de Negociación, do 18 de maio de 2022, en que se emite informe favorable sobre da proposta de acordo para a aprobación da OEP para a estabilización de emprego público temporal do Concello de Trabada.

Examinada a documentación que a acompaña, visto o informe de Secretaría, e de conformidade co establecido no artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Trabada para a estabilización de emprego público temporal, coa seguinte relación de prazas:

Persoal laboral:

Denominación

Total prazas

Corpo/escala

Grupo laboral

Acceso

Auxiliar servizo de axuda no fogar

3

Administración especial

V

Libre (disposición

adicional sexta)

Auxiliar servizo de axuda no fogar

2

Administración especial

V

Libre (artigo 2.1)

Limpador

1

Administración xeral

V

Libre (artigo 2.1)

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste concello (https://trabada.sedelectronica.gal) no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia antes do día 1 de xuño de 2022 para os efectos oportunos.

Terceiro. A publicación da convocatoria para a cobertura das prazas incluídas na oferta para a estabilización temporal deberá ser antes do 31 de decembro de 2022 e a súa resolución antes do 31 de decembro de 2024.

Cuarto. Certificar ao Ministerio de Facenda e Función Pública, a través da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, o número de prazas estruturais ocupadas de forma temporal, existente en cada un dos ámbitos afectados.

Quinto. Dar conta deste decreto na vindeira sesión ordinaria do Pleno.

En Trabada, asínao a alcaldesa ante o secretario na data que figura na marxe».

Trabada, 18 de maio de 2022

Mayra García Bermúdez
Alcaldesa